Sétima edición de 1 idea, 1 árbore

Bosques de Lugo, cerca de Pazo de Vilane, granja de huevos camperos. Pazo de Vilane promueve la iniciativa ecológica 1 idea, 1 árbol.

Coincidindo co Día Internacional das Árbores, lanzamos a sétima edición 1 idea, 1 árbore. Neste ano 2020 acadamos a sétima convocatoria coa mente  osta en superar o número de ideas recibidas en ocasións anteriores. O pasado ano recibimos máis de 400 propostas.

En que consiste 1 idea, 1 árbore?

É sinxelo. Queremos que lle deades unha nova vida á mítica caixa da galiniña de Pazo  de Vilane. A dinámica consiste en reutilizar a caixa de ovos campeiros coa fin de que teña un novo uso. Como? Como vós queirades, a imaxinación é o voso límite. Buscamos fomentar así as 3 R (reducir, reutilizar, reciclar) e axudar a coidar  o noso planeta grazas a 1 idea, 1 árbore.

Porque ademais de fomentar a reciclaxe, con esta campaña comprometémonos a plantar unha árbore dunha especie autóctona por cada idea recibida co obxectivo de  reforestar a comarca da Ulloa. É aquí, no corazón de Galicia, onde se atopa Pazo de Vilane e dende onde queremos comezar a coidar do medio ambiente. Os bosques autóctonos axudan a conservar a biodiversidade da zona  e tamén serven de sombra para as nosas galiñas unha vez que creceron.

Como participar

Para participar na nosa sétima edición 1idea 1 arbore soamente tes que facernos partícipes da túa idea para reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo  de Vilane. Unha vez que lle des unha nova vida a túa caixa, podes compartirnos as imaxes ou os vídeos nos que se amose a túa creatividade a través das redes  sociais. Etiqueta á nosa conta en Facebook, Twitter ou Instagram para que poidamos vela e compartila e usa o hashtag #1idea1 árbol.

Se o  prefires, podes optar por enviarnos as túas orixinais ideas a través do correo electrónico comunicacion@pazodevilane.com ou  facelo tamén por correo postal no seguinte enderezo: Lugar de Vilane 31, 27570 Antas de Ulla (Lugo). O importante é que todos vexamos as interesantes propostas que levedes adiante. Tes ata o día 17 de maio para facérnolas chegar.

Premios

Poñer en marcha a vosa imaxinación ten premio. Ou mellor dito, premios! Entre todos os que nos enviedes as vosas ideas para participar en 1 idea, 1 árbore sortearemos 10 lotes completos de produtos de Pazo de Vilane. Pero isto non é todo. Haberá un gañador elixido por Pazo de Vilane que conseguirá unha viaxe dunha fin de semana a Galicia para dúas persoas. Aquí poderá visitar as  instalacións de Pazo de Vilane ademais de gozar de dúas noites de aloxamento nunha casa rural da zona, dous almorzos e unha comida ou cea. 

En Pazo de Vilane preocupámonos polo futuro pero tamén polo presente da natureza e, por este motivo, realizamos estas iniciativas en favor do medio ambiente. Collede as vosas familias, fillos ou amigos e pensade en como  podedes reutilizar a nosa caixa. Estaredes a poñer o voso graniño de area para conservar o planeta.