O rural galego conquista Madrid

Pazo de Vilane participou do 4 ao 7 de abril no Salón de Gourmets, formando parte de Mercado de la Cosecha. 4 días no que os visitantes puideron probar os nosos produtos e coñecer o proxecto Pazo de Vilane. Era a primeira vez que Mercado de la Cosecha viaxaba ata Madrid para participar no Salón de Gourmets, unha das feiras máis prestixiosas do sector da alimentación e bebidas en Europa. Unha oportunidade única para que iniciativas exemplares do rural en Galicia chegasen a máis de 80.000 visitantes de 25 países. O noso obxectivo era transmitir o valor dos proxectos e a calidade dos produtos de proximidade con garantía de orixe. mercado_cosecha2 Os nosos ovos campeiros e marmeladas artesanais compartiron espazo cos iogures de Casa Grande de Xanceda, os queixos de Cortes de Muar, as sidras Maeloc, as galletas mariñeiras de Daveiga, as marmeladas de Amorodo, os xeados de Bico de Xeado, os iogures de Arqueixal, os viños Ponte da Boga, os aceites Olei e as castañas de Naiciña. Dende Pazo de Vilane queremos manifestar o noso agradecemento á corporación Hijos de Rivera polo seu esforzo e o seu bo facer. Grazas a Antonio Viejo, Cecilia Babarro, Marcos Pérez, Marta Escobar, Ani, Montse, Raúl e a todas as persoas que contribuíron a que o evento resultase un éxito rotundo.