Feira do Queixo de Arzúa: receitas e maridaxes cos produtos de Pazo de Vilane

 

Chega unha das citas gastronómicas máis importantes de Galicia, tanto pola calidade do produto protagonista como polos actos e actividades programados. Declarada Festa de Interese Turístico en Galicia, este ano do 28 febreiro ao 1 de marzo celébrase a 45ª edición da Festa do Queixo Arzúa.  Ten un programa de tres noites con concertos, concursos, actividades para nenos e unha gran variedade de xornadas. Un programa enfocado a coñecer e gozar deste alimento de fabricación artesá. Ademais preséntase un concurso de tapas e petiscos que ten lugar nos establecementos do municipio o venres e o sábado. 

 

Este queixo, Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, é o que máis se produce e consome en Galicia. E non é para menos, trátase dun queixo aromático, suave, de textura cremosa e  fundente, un alimento que non enmascara o sabor doutros ingredientes e que se pode utilizar tanto en receitas salgadas como doces. Pódelo degustar cru, enfornado e con salsas quentes. Ideal para calquera evento e comida! Para celebrar este evento, en Pazo de Vilane propoñemos unha serie de receitas con queixo de Arzúa, marmelada artesanal e ovos campeiros de Pazo de Vilane.

 

Bolos de vento de atún e queixo de Arzúa

Un entrante delicioso é importante para calquera comida e evento. E se é rápido e fácil de facer, mellor. Esta deliciosa receita salgada gozarana pequenos e adultos e só tardarás en facela uns 10 minutos.

 

Que necesitas?

2 latas atún sen sal

100 gr queixo Arzúa

pan relado 

1 ovo campeiro

Aceite 

 

  1. Mete nun cunco dúas latas de atún escorridas e o queixo de Arzúa en anacos. Cando estea mesturado, fai boliñas apertando ata que consigas a forma desexada.
  2. Ponas nun prato ou tupper e méteas na neveira uns 15 minutos, para que se endurezan un pouco.
  3. Pasamos as bólas polo ovo batido e, despois, polo pan relado. Faino dúas veces. Pon o aceite a quecer e mete as bolas ata que estean douradas. Escorre ben o aceite e a gozar.  

 

 Muffins Croque de Arzúa-Ulloa e ovo

 

Esta receita está feita para que che entre polos ollos segundo chegue á mesa. Trátase dun entrante moi vistoso e orixinal. Fará as túas comidas máis saborosas e conseguirá que non quede nin unha faragulla no prato. Sabes que necesitas? Queixo de Arzúa Ulloa e ovos  campeiros e en 10 minutos terás listo o teu entrante. 

 

Que necesitas?

12  rebandas de pan de molde

12 xemas de ovos campeiros

6 liscos de bacon 

6 liscos de xamón  york

150 gr queixo Arzúa-Ulloa

100 gr queixo  gruyer 

Bechamel 

50 gr manteiga

Sal, pementa e perexil

Noz  moscada

Mostaza 

 

  1. Prequentamos o forno a 180º c, estiramos as rebandas de pan cun rodete e  untamos a manteiga xa derretida. 
  2. Collemos uns moldes de madalena e colocamos as rebandas nos ocos. Cada esquina do pan, tentámolas unir no medio. Repite o proceso coas outras dúas esquinas. Quedando no medio un oco.
  3. Corta o bacon en tiras e o xamón pola metade. Coloca unha metade de cada un nas paredes dos ocos do pan. Cortamos en dados o queixo e engadimos 3 en cada un. 
  4. Prepara a bechamel engadindo unha cullerada de mostaza. Cando estea tépeda, ponlle unha cullerada a cada muffin e por riba engade cada xema de ovo. Relamos queixo  Gruyer encima do muffin xa completo e volvemos a untar con manteiga os bordos que sobresaen.
  5. Enfornamos entre 8 e 10 minutos, debe quedar a xema do ovo líquida. Espolvorear con perexil picado. Listo para saborear!

 

Cinta fresca con Arzúa 

Un primeiro prato contundente e creativo para cambiar un pouco o teu menú semanal.  Saboroso e crocante, podes acompañalo cunha ensalada para que sexa un prato completo. Tardarás en preparala sobre 40 minutos. 

 

Que necesitas?

8 filetes de cinta de porco fresca 

Queixo de Arzúa 

4 liscos de bacón 

Aceite de oliva

Un ovo campeiro

Fariña 

Panko ou pan relado

Sal e pementa

 

  1. Preparamos os filetes e salpimentamos. Pasamos os liscos de bacon pola tixola, deixando que se fritan na súa propia graxa. 
  2. Cortamos catro anacos de queixo Arzúa Ulloa e colocámolos sobre catro filetes, coidando que non cubran toda a carne; hai que deixar unha marxe para que se unan. 
  3. Sobre o queixo poñemos o bacón frito e tapamos cos filetes restantes. Presionamos ben os bordos e pasamos por fariña, ovo e pan relado. 
  4. Apertamos as pezas durante o empanado para que quede ben compacto e o recheo non se salga ao fritir. Preparamos unha tixola con abundante aceite quente e fritimos polos dous lados.

 

Torta de queixo con marmelada de framboesa

A sobremesa que sempre triunfa en calquera comida e cea é sen dúbida a torta de queixo. Pero, algunha vez a probaches con queixo de Arzúa? Darache un resultado delicioso se ademais a acompañas cunha das nosas marmeladas artesanais de framboesa. 

 

Que necesitas?

220 g de galletas

80 g de manteiga

2 ovos campeiros

250 g de queixo Arzúa-Ulloa

200 ml de leite

200 g de nata líquida para montar

85 g de azucre

Marmelada de framboesa

 

  1. Prequentamos o forno a 180º C e engraxamos un molde redondo desmontable. 
  2. Trituramos as galletas e mesturámolas coa manteiga derretida; forramos o fondo do  molde coa mestura, apertando ben. 
  3. Quentamos nun cazo o queixo en anacos co leite e a nata ata que se derrita. Batemos os ovos co azucre e engadimos a crema de queixo.
  4. Enchemos o molde e enfornámolo durante 25 minutos. Deixamos arrefriar e servimos coa marmelada.

 

Aí tes numerosas ideas para que goces do queixo Arzúa-Ulloa. Sinxelas, rápidas e deliciosas onde saborear tamén os nosos ovos campeiros e marmeladas caseiras. Busca os nosos produtos de Pazo de Vilane nas principais cadeas de distribución para facer os teus pratos e se queres ver máis receitas onde o ovo e a marmelada son os protagonistas, aquí temos máis ideas para ti.