Torrijas

Bañadas en leite, ovo campero e cun rico caldo de azucre de viño doce, esta é a nosa versión da receita estrela da Semana Santa: torrijas.

30 minutos 6 comensales

Non hai Semana Santa que se prece sen unhas riquísimas torrijas tradicionais, nin sobremesa nesta época sen “expertos tertulianos” que debatan sobre a execución ideal de tan tradicional receita española.

A uns gústanlles soas (con azucre e canela por riba); outros matan por unha boa torrija empapada en viño. Un tercer grupo, o máis goloso, defende a capa e espada as torrijas de mel.  O certo é que existen infinidad de variantes das torrijas… ¡E todas están boas¡.

¿Sabías que hai quen as rechea con crema pastelera ou con chocolate? ¿E quen se atreve a facer torrijas a partir de orchata?

Nós desvelámoste a nosa fórmula secreta “torrijera”, a receita de torrijas de Pazo de Vilane, baseada en leite, ovo campero e un chorriño de caldo de azucre de viño doce.

Non aseguramos que sexa a mellor… Pero sí che prometemos que coas nosas torrijas caseiras te chuparás os dedos.

¡Prepáraas e lúcete¡

Ingredientes

  • 2 barras de pan para torrijas
  • 2 ovos camperos Pazo de Vilane
  • 150 gr. de azucre (aprox)
  • 150 ml. de auga
  • 1 cullerada de mel
  • Unha ou dúas culleradas de viño doce, mistela ou anís (opcional)
  • 1 litro de leite
  • Cáscara de limón, naranxa ou lima (a que prefiras)
  • Unha ramita de canela
  • Vainilla (en rama ou en esencia)
  • Aceite de oliva 0,4 para freír.

Elaboración

  1. Elabora un caldo de azucre (almíbar) cuns 100 gramos de azucre e unha cullerada de mel. Quenta a lume lento ata que tome un bonito cor dourado.
  2. Con moito coidado (para evitar salpicaduras que podrían queimarte) engade a auga.
  3. Se as torrijas non son para nenos, engade un par de culleradas de viño doce ou anís. En tal caso, sobe o lume ata que se evapore o alcol e a mestura estea espesa.
  4. Retira o caldo de azucre do lume e deixa que se arrefríe.
  5. Por outro lado, quenta nunha cazola 1 litro de leite. Engade a cáscara de limón ou naranxa, 50 gramos de azucre, unha ramiña de canela e a vainilla.
  6. En canto rompa o fervor, retira do lume e deixa reposar ata que esté casi fría, para que se infusione a leite.
  7. Mentres, vai cortando as rebanadas do pan e móllaas na leite.
  8. Bate dous ovos camperos, escurre lixeiramente as torrijas e vai pasándoas por os ovos batidos.
  9. Fríeas en abundante aceite de oliva suave (0,4) para que as torrijas podan flotar. En canto collan un cor dourado bonito, dalles a volta.
  10. Saca dunha nunha e escurre no papel de cociña absorbente.
  11. Unha vez escurridas, colócaas todas nunha bandexa e incorpora o caldo de azucre, que deberá estar frío.