Touciño de ceo

Traémosche un clásico conventual inxustamente esquecido, o tocinillo de cielo: sinxelo, con poucos ingredientes, pero cun sabor simplemente divino.

60 minutos 6 comensales

Traémosche todo un clásico conventual inxustamente esquecido, o touciño de ceo.

Trátase dunha sobremesa para os moi amigos do ovo campero con ese toque orixinal das mans de clausura; xa sabes: sinxelo, con poucos ingredientes, pero cun sabor sinxelamente divino.

Esta receita estivo nas nosas mesas ó menos desde o século XIV, concretamente desde 1324, pois aparece nun documento dese ano no que se describe un doce moi similar elaborado polas monxas do Convento do Espiritu Santo, en Jerez de la Frontera (Cádiz).

De feito, parece lóxico pensar que esta dulcísima receita fose froito do enxeño destas mulleres, que lograron crear un prato mestre aproveitando as xemas que lles doaban as adegas xerezanas. E é que naquela época era frecuente empregar claras de ovo na elaboración do viño, máis concretamente na súa clarificación.

Así naceu o touciño de ceo, cuxo nome facía referencia á textura e forma do touciño procedente do porco, e cuxo apelido ás mans celestes que o elaboraban.

Non esperes máis; se queres que os teus comensais se eleven ata o ceo batendo as súas ás (ou as súas culleres) ata o infinito….¡Apúntate esta receita¡.

Cómo facer un touciño de ceo auténticamente celestial… Sen necesidade de morrer no intento

  • Non tires as cascas dos ovos. Se as botas na auga do baño maría, evitarás salpicaduras cando ferva.
  • O papel de prata entre o postre e a tapadeira impedirá que caigan as gotas da condensación; ademáis axudará a facer o efecto vacío, o que mellorará a cocción do touciño de ceo.
  • O mesturar o ovo cas xemas faio moi lixeiramente, pois non te convén que salga espuma. En tal caso entraría aire nun poste que esixe moita consistencia.
  • Planifícate e trata de facelo o día anterior; este doce mellora moito dun día para outro.
  • Preséntao con nata montada ou froitas ácidas (mango, amorodos, frambuesas, grosellas…) e triunfarás.
 

Ingredientes

  • 7 xemas
  • 1 ovo campero Pazo de Vilane
  • 1 vaso e medio (mediano) de azucre
  • 1 vaso e medio (mediano) de auga
  • 2 anacos da casca de limón
  • 2 culleradas grandes de auga fría
  • 2 culleradas de azucre y 1 cullerada de auga (para o caramelo)

Elaboración

  1. Quenta unha cullerada de auga nunha pota pequena e en canto esté quente, engade dúas culleradas de azucre. Deixa cocer moi lentamente, sen deixar que ferva, e remove cunha culler de metal.
  2. Retira do lume cando o caramelo esté espeso. Unha vez frío, vérteo sobre o fondo dunha flanera.
  3. Por outro lado, fai o almibre noutra pota. Leva a ebulición o vaso e medio de auga co vaso e medio de azucre e os dous trozos da casca do limón. Deseguida, baixa o lume e deixa cocer moi suavemente durante 20 minutos. Despois retira e arrefría.
  4. Nun bol grande, mestura o ovo enteiro e as 7 xemas, así como dúas culleradas de auga.
  5. Engade moi pouco a pouco o almibre xa frío e mestura con cuidado.
  6. Vérteo na flanera con caramelo, e tapa cun trozo grande de papel de prata ou coa súa tapadeira por encima.
  7. Pon a flanera ó baño maría dentro doutro recipiente e lévao ó lume ata que ferva. A continuación, coce a lume lento uns 9 minutos. Prequenta o forno.
  8. Mete o touciño no forno 10 minutos máis a 180º.
  9. Por último saca a flanera, deixa arrefriar e desmolda axudándote dun coitelo de punta plana.
Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade