En Pazo de Vilane celebramos o Día de Galicia

Para nós significa, entre outras cousas, a posta en valor e o aproveitamento dos recursos naturais ou o coidado do noso patrimonio histórico e cultural.

Xa vos contamos que o Día de Galicia é oficial desde 1979, aínda que as orixes da celebración remóntanse ao ano 1919, data na que se reúne en Santiago a asemblea das Irmandades da Fala. Ese ano acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.

Este é o vídeo publicado pola Xunta de Galicia para celebrar o 25 de xullo.

O Día de Galicia celébrase de forma especial e durante varios días en Santiago. Se ides estar estes días en Galicia, Santiago de Compostela é un bo destino para escoller entre toda a súa oferta cultural e de entretemento.