Pazo de Vilane aposta polo emprendemento e a dinamización rural nas zonas cada vez menos habitadas

Como empresa familiar que somos, en Pazo de Vilane nunca dubidamos de que o papel dun inmoble como o dos nosos antepasados debía favorecer á comarca. Por iso, o noso desexo de recuperar un pazo do século XVIII debía ir asociado á necesidade intrínseca de converternos en motor de riqueza económica e xeradores de emprego. A zona da Ulloa ofrécenos o mellor de si mesma para que podamos dar ás nosas galiñas unha vida saudable que nos devolven co mellor sabor dos ovos campeiros e nós queremos devolverllo converténdonos nun centro de arraigamento social e cultural.

Na actualidade, contamos con corenta traballadores procedentes da zona porque para nós é fundamental ofrecer aos nosos veciños a posibilidade de establecerse no lugar onde residen as súas raíces. Por iso, congratúlanos o feito de converternos nun foco de emprego no rural para tantas persoas. Non só outorgamos estes postos de emprego directos senón que tamén tratamos de potenciar a riqueza económica da nosa zona traballando con pequenos produtores locais.

Para que comarcas como a nosa poidan sobrevivir é imprescindible que existan iniciativas que aposten polo rural como medio de vida. Non só para que constitúa unha opción de futuro para todos aqueles que desexen establecerse nel senón tamén porque este tipo de iniciativas son cruciais para conservar o propio medio.

Emprender desde a raíz

Coa nosa experiencia na materia, puxemos en marcha o proxecto “Emprender desde a raíz”, unha iniciativa pioneira en España na que poñemos ao teu servizo todo o noso coñecemento do mundo empresarial coa colaboración de expertas en materia de psicoloxía, formación, educación e empresa. Trátase dun programa formativo que combina desenvolvemento persoal con emprendemento. Mediante diferentes talleres, tratamos de explorar as habilidades, competencias e comportamentos de cada emprendedor para conseguir que cada participante tome conciencia da súa capacidade para desenvolver as súas ideas. O obxectivo desta proposta tan innovadora non é outro que axudarche a emprender, do mesmo xeito que nós o fixemos nos anos noventa.

Riqueza social e cultural

Sabemos que a riqueza non só se mide en termos económicos e, neste sentido, tratamos de converter as nosas instalacións en moito máis que unha empresa co obxectivo de asentar poboación a través de todo tipo de iniciativas. As recentes xornadas de portas abertas son exemplo diso. Coa súa celebración, tratamos de atraer ata Pazo de Vilane a numerosas familias chegadas de toda España que, durante a súa estancia na comarca, aproveitan para facer turismo polas localidades veciñas e, de paso, consumir produtos locais en restaurantes e tendas próximas ás nosas instalacións.

Esta misión compártena tamén os nosos esforzos por fomentar a cultura no medio rural, un obxectivo ao que damos forma nos “Concertos no Pazo”. Do mesmo xeito que ocorre coa xornadas de portas abertas, reúnen por centos de visitantes que contribúen a dinamizar económica e culturalmente a zona.