Ovos campeiros, os favoritos dos consumidores

Aos poucos o consumo dos ovos campeiros está a facerse máis popular. Non só polos beneficios que posúen senón tamén pola concienciación das persoas co respecto ao ciclo natural do animal e o medio ambiente. A liberdade da galiña permítelle comer pastos tenros, especialmente no norte de España, conseguindo uns ovos con maior calidade.

Este tipo de crianza está a expandirse non só en España senón tamén no resto de Europa. En Francia, o Goberno anunciou que a venda de ovos criados por galiñas engaioladas prohibiríase a partir de 2022. Mesmo, hai cadeas de supermercados que se adiantaron á entrada en vigor desta iniciativa e só venden ovos de galiñas en liberdade.

Un interese crecente

Algúns axentes do mercado, en especial pequenas producións cunha filosofía e un proxecto baseado nos valores da sustentabilidade, o coidado do medio ambiente, o coidado animal, o respecto aos seus traballadores, a atención aos clientes e a responsabilidade de producir alimentos de calidade son os que están a liderar esta tendencia. Segundo os resultados do  Eurobarómetro, en outubro de 2016, móstrase un aumento de preocupación polo benestar animal entre os españois. En 2006, o 71 por cento opinaban que o benestar do animal na granxa era importante, dez anos despois, subiu ao 94 por cento.

Os ovos  campeiros cada vez son máis solicitados no mercado. En Pazo de Vilane, desde os nosos inicios na década dos 90, a nosa misión empresarial defínese en base ao coidado pola vida e o benestar dos animais; o respecto da contorna e o medio ambiente; e procesos de traballo e produción sustentables e de carácter artesanal.

As galiñas viven en liberdade, tranquilas e sen tensións, o que redunda na calidade dos ovos que poñen, ademais da achega nutricional do pastoreo en liberdade.

Aparentemente os ovos campeiros presentan as mesmas características externas que os que xorden doutros medios de produción. Para que poidas diferencialos cando fagas a túa compra só terás que mirar o texto que vén impreso no ovo. Teñen uns códigos que indican a súa produción. 

Se o primeiro díxito que sae é un 3, indica que o ovo procede dunha granxa na que as galiñas están engaioladas. Se é un 2, quere dicir que as galiñas viven no chan pero nun recinto pechado. Se o díxito é un 1, son galiñas criadas ao aire libre, de onde vén o ovo  campeiro. Se é un 0, as galiñas están ao aire libre e tamén contan cunha alimentación ecolóxica.

O incremento do consumo fai que cada vez haxan máis empresas que produzan ovos  campeiros, polo que o consumidor debe ser moi coidadoso e responsable á hora de mercar.  Pazo de Vilane é pioneiro neste tipo de crianza con galiñas que gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia. O método de traballo, filosofía e a vida nunha contorna privilexiada permítenos ofrecer ovos de máxima calidade en achegas nutricionais e en sabor.