fbpx

Outono de nogais, castiñeiros e arandeiras

Outono de nogais, castiñeiros e arandeiras


No primeiro día do outono, os tonos ocres que podemos atopar na contorna de Pazo de Vilane son máis a consecuencia do duro verán que deixamos atrás, que as primeiras mostras da estación que estamos a inaugurar. Respetuosos co calendario, achegámonos a comprobar en que estado se atopan carballos e castiñeiros. Como vedes, teremos que agardar ao mes de novembro para recoller os primeiros froitos.


Xa vos contamos que durante todo o mes de setembro estamos a recoller framboesas. Xa temos toda a colleita de froitas vermellas, arandos e framboesas, listas para transformarse na marmelada artesanal que podedes atopar en moitos supermercados e tendas.

No mes de outubro, as galiñas deixarán o Monte do río Estanco por obras; toca revisar as estruturas das naves e impermeabilizalas fronte as choivas. Se esa mesma choiva nos deixa, en novembro deberiamos estar plantando máis arandeiras. 


No noso calendario, o outono rematará en decembro plantando novas nogueiras e castiñeiros no Monte do Estanco. Atentos ao noso blog, como o ano pasado, deixaremos por aquí as noces e as castañas do outono, para que poidades coller algunhas.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies