fbpx

Os cociñeiros de ovos máis famosos

Descobre o amor que profesan polos ovos algúns dos cociñeiros máis famosos do mundo. Ninguén se pode resistir a eles!

Podemos dicir sen medo a equivocarnos que tódolos cociñeiros empregaron ovos para facer algunha das súas receitas. Ben sexa como ingrediente principal ou como parte imprescindible para o acabado final, o ovo sempre está aí. Como xa sabes, trátase dun dos alimentos máis completos que existen. A principios desta semana comentabamos que se poden comer ata sete ovos por semana sen que a súa inxesta teña repercusión negativa para a nosa saúde  

Co paso do tempo, conseguiuse desmitificar a mala imaxe que o ovo cultivara e impúxose a verdade: é un alimento que achega nutrientes imprescindibles para o noso organismo ademais de ser fonte de vitaminas, acedo fólico ou colina, entre outros. Como diciamos, moitos cociñeiros úsano para as súas creacións culinarias e por iso en Pazo de  Vilane imos descubrir aos cociñeiros máis famosos de ovos.

Lucio, a estrela dos ovos en Madrid

Falar de ovos famosos é facelo, sen dúbida, de Casa Lucio . Situado na cidade de Madrid, levan máis de 40 anos preparando os ovos estrelados máis famosos de España. Lucio Blázquez o home tras o nome definiu o esforzo e a constancia como algúns dos seus valores para triunfar. Algo co que nos sentimos moi identificados en Pazo. Por este lugar pasaron desde estrelas internacionais como Will Smith ou Tom Cruise a mandatarios do nivel de Bill Clinton ou Kofi Annan, tódolos expresidentes do Goberno (que se fixeron aquí unha curiosa foto de todos reunidos) ou o rei emérito Juan Carlos I. 

Agora son os tres fillos de Lucio os que dirixen o local pero a esencia segue estando intacta. Os ovos estrelados son unha das receitas máis tradicionais e, con todo, non deixan de conquistar a maiores e pequenos. Este prato soamente se compón de ovos e de patacas fritas pero deixa un sabor inconfundible no padal de todo aquel que o proba. Da man deste restaurante, conseguiuse facer internacional unha comida típica que se transmitiu de xeración en xeración.

Os ovos de Abraham García

Seguimos en Madrid pero agora pasamos a outro concepto: a cociña de autor. Neste caso a do cociñeiro Abraham García no seu restaurante Viridiana . O toledano leva máis de corenta anos aos mandos  dos seus fogóns e logrou facerse un oco entre os chefs máis recoñecidos por méritos propios.

Viridiana🍴Los huevos con trufa de Abraham García 👨‍🍳Qué maravilla 🍳 @restaurante.viridiana #viridiana #huevos #trufa…

Publicada por LAGASTRONOMA en Viernes, 12 de enero de 2018

Na súa innovación foi variando a súa carta pero hai un prato que se conservou novo e que é o máis pedido do lugar: ovos en tixola sobre mousse de fungos e trufa fresca relada. Soa ben, verdade? Pois sabe mellor. Os coñecidos como Ovos de Abraham  teñen unha historia de máis de 35 anos ás súas costas pero seguen mantendo a esencia deses pratos únicos e saborosos.

Cociña de altura con ovos

Non nos equivocamos ao afirmar que todos os chefs usan ovo nas súas cociñas. Por isto, sería case imposible facer un repaso completo por cada historia de amor entre cociñeiros e ovos así que vos imos a contar algunhas das máis rechamantes. Sorprenderante!

A última cea de Paco Roncero

Ten tres Soles de Repsol, dúas Estrelas Michelin e un Premio Nacional de Gastronomía. E sabedes o que confesou Paco Roncero que lle gustaría tomar na súa última cea? Ovos fritos. Si, si, ovos con xamón para ser máis concretos. Porque hai sabores que son únicos por moitos premios que se teña. E tanto lle gustan que ata decidiu preparar unhas croquetas con sabor a ovos fritos. Deixámosche a receita na ligazón por se te animas a  preparlos.

Os ovos revoltos perfectos de Gordon Ramsay

O chef escocés Gordon Ramsay ten fama de ser un dos máis esixentes na cociña. Por iso, na súa participación na versión americana do concurso MasterChef decidiu desvelar o seu segredo sobre un dos seus pratos preferidos: os ovos revoltos. A clave para que queden lixeiros e esponxosos está en botalos directamente nun cazo con manteiga e ir removendo continuamente, ademais de retiralos cada pouco do lume. Maxia!

Con espárragos para Ferrán Adriá

O gran Ferrán Adriá sempre encomiou a riqueza dos ovos e, aínda que podamos creer que non, hai pouco sorprendíanos pola sinxeleza dunha das súas receitas. ”Para o meu un dos pratos máis xeniais que hai na cociña: un ovo frito” afirmaba, mentres explicaba como facelo con espárragos. Convidámos a que probes este agasallo facéndoo, como non, cos nosos ovos de Pazo de Vilane.

Con piquillos para Juan Mari Arzak

Juan Mari Arzak está considerado como un dos pioneiros da alta cociña vasca. Polas súas mans pasaron as mellores materias primas do mercado e elaboracións únicas que lle valeron o recoñecemento internacional. Nunha entrevista de hai uns anos en El País  afirmaba que se tivese que morrer comendo algo sería “ovos fritos con pementos do piquillo”. De feito, no restaurante Arzak púidose degustar durante moito tempo un peculiar prato chamado “Ovo vermello espacial”.

Son moitos máis os cociñeiros que sucumbiron aos encantos do ovo, tanto para usar nas súas famosas receitas como para degustación propia. Pola súa calidade de alimento extraordinario, o ovo nunca debe faltar na nosa compra. En Pazo de Vilane sabemos que os nosos clientes confían en nós e, por este motivo, sempre ofrecemos o mellor ovo  campero proveniente das nosas galiñas criadas en liberdade na comarca lucense da Ulloa. Un ovo cun sabor que non deixa indiferente a ninguén. E ti, xa o tes na túa casa?

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies