fbpx

Nadal con 1 idea, 1 árbore

Chega o Nadal con marabillosas ideas para decorar a túa casa

Chega o Nadal con marabillosas ideas para decorar a túa casa grazas á nosa iniciativa 1 idea, 1 árbore.

As luces, as árbores, a familia, os agasallos…Xa chega o Nadal! Unha das datas máis esperadas para moitas persoas. É época de reunirse con toda a familia e comer gozando da calor da cheminea. E cando chega o Nadal, significa que hai que poñer a árbore, o belén e as luces; as casas énchense de decoracións extravagantes e do Nadal. Por iso, hoxe en Pazo de Vilane traémosche as ideas máis ecolóxicas para que decores estas festas.

Para poñernos en situación, este ano lanzamos a 6ª edición de 1 idea, 1 árbore cunha dobre intención: aprender a reciclar e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa. Por cada idea que nos enviarades, en Vilane comprometémonos a plantar unha árbore de especie autóctona na comarca da Ulloa. Estamos moi orgullosas co resultado porque foron máis de 400 ideas as que participaron nesta iniciativa e non podemos parar de ensinarvos o orixinais e divertidos que chegades a ser. 

O Nadal en si xa é unha época de gastar diñeiro, por iso ás veces non queres consumir moito en decoración para a casa. Imos ensinarvos ideas ecolóxicas e reciclables para decorar a túa casa por Nadal. Como a idea que nos envía Maraijo, que creou unha casiña para o belén. Colle a parte de arriba da caixa, recortala e faille 3 cadrados, coma se fosen dúas xanelas e unha porta. Para que quede máis realista, decórao con musgo e palla. Así xa tes unha casa para que o teu belén sexa aínda máis realista e sen gastar.

Ao terminar o Nadal hai que recoller o nacemento e gardar tódalas figuras ata o ano seguinte. María Luisa ensínanos un novo lugar para poder resgardar o noso belén coa caixa da galiniña, e a verdade é que se adaptou á perfección coas súas figuras. É máis, aproveitou a parte da caixa de ovos para acomodalos e separalos.

Belén tráenos outra forma de reutilizar a caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane nestas datas. Creou unha idea moi práctica e que podemos recrear nas nosas casas. En Fin de Ano, seguro que algunha vez te atragoáches coas uvas ou non as contaches ben. Ou simplemente puxeches de máis. Pois non se vai a repetir e poderás entrar ben neste 2020 con esta idea. Só necesitas, como non, unha caixa dos nosos ovos campeiros. Aproveitando a caixa de ovos e engadindo un folio, podes crear unha conta atrás e colocar as túas 12 uvas. Coloca o folio sobre a caixa de ovos, en cada espazo recorta un buraco menor ao tamaño da uva. Aí coloca as túas uvas facendo unha conta regresiva para as badaladas, entrando no ano 2020 con todas as túas uvas comidas. 

Que vos pareceron estas ideas? Ides usar algunha para este Nadal? Novamente querémosvos dar grazas a todos por participar e por axudar con esta iniciativa para seguir coidando o noso planeta. Vémonos en 2020 con máis ideas e creatividade. Lembrade que podedes consultar as ideas de reutilización da caixa de ovos campeiros de 1 idea, 1 árbore recibidas en 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies