Mostra de cerámica tradicional: Manuel Fernández “Lolo”

Máis de trinta anos entregados á cerámica con enorme paixón e dedicación fan de Manuel Fernández “Lolo” un mestre. As súas primeiras exposicións datan de 1983 e dende entón sucedéronse mostras individuais e colectivas, especialmente en Galicia, pero tamén noutros lugares de España e  Francia.

É unha autoridade no seu campo pola mestría técnica, froito do seu espírito científico: experimenta e escribe rigorosamente técnicas e resultados. O alento poético da súa obra ven da terra onde vive, da que extrae barro e inspiración e tamén doutros lugares, pois estableceu un diálogo persoal coa tradición cerámica do  Xapón, traballando os esmaltes Tenmoku, Shino, Raku, Celadón … Tamén recupera técnicas antigas, como a terra sigillata romana ou a cerámica tradicional, que é o obxeto desta mostra.

Pazo de Vilane acolle esta mostra no marco do seu labor de Responsabilidade Social Empresarial. Desta forma, ademais de traballar na mellora das fincas e o seu entorno con actividades agrícolas e gandeiras sostibles e elaborar produtos de calidade, como o ovo campeiro ou as marmeladas artesanais, a empresa familiar da sentido e actividade aos espazos arquitectónicos do pazo.

Nas suas palabras

“Se Dios foi o primer alfareiro e o home ou  a muller os primeiros “cacharros”, eu gustaría de ser alfareiro e ser enterrado nun cacharo de barro”

Hoxe aquí presento un grupo de pezas feitas en barro roxo, reproduccións de pezas de alfarería tradicional, pezas que tiveron unha utilidade, unha función na vida diaria das persoas e tamén dos animais: comedeiros e bebedeiros de aves, galiñas, palomas, paxaros, nidos para aves, parideiras para coellos…

Un grupo de persoas cunhas inquietudes semellantes decidimos crear a Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira, adicada a recuperación, posta en valor, estudo e recollida de pezas relacionadas coa alfarería e os alfares galegos. Froito dese traballo foi tamén a posta en funcionamento dun forno en Samos, onde case fai cen anos se perdera a actividade alfareira e nel fixéronse agora varias coccións. Realizáronse exposicións en Lugo e Santiago de pezas antigas dos centros alfareiros da provincia de Lugo procedentes de coleccións privadas.

Ista mostra que hoxe pódese ver é un grupo reducido de pezas en barro que reproducen as que se fixeron en alfares da Península Ibérica, pezas relacionadas cos animais, de “usos singulares”, que tiñan presenza na vida cotián.

Moitas de estas pezas caeron no desuso e no esquecemento  mediado o século XX por a aparición de outros materiais que desplazaron ao barro. Dentre eles  o plástico  fixo que o barro esmorecera e con él as xentes que nel traballaban. Hoxe estáselle dando unha forte batalla ao uso do plástico para limitar a sua invasión. O barro é terra cocida, pode voltar á terra despois de ser usado, non contamina nin invade.

¿Poderían voltar a ter uso e función as pezas de barro nalgunhas actividades humanas?

Niso estamos agora, amosando o que pode facerse, sensibilizando e chegando ao gusto, á necesidade persoal e colectiva de rodearse de pezas feitas coas mans, coas raíces na terra e sobre todo, feitas para ser usadas.

A beleza está no sencillo, no útil

A beleza está na tierra

A beleza está no barro, que é terra.