fbpx

Marcos, encargado da granxa de Santa Cristina: “Que as galiñas estean fóra, repercute na calidade do ovo”

A entrevista con Marcos é a primeira dunha serie na que vos iremos amosando as granxas que traballan con nós e os lugares nos que viven as galiñas en liberdade

Hoxe queremos achegarnos e que coñezades unha das granxas que traballan con nós. Está en Santa Cristina, Carballedo (Lugo); a 40 minutos de Pazo de Vilane. O seu encargado é Marcos. Con el falamos sobre o seu traballo, sobre como coida ás galiñas que producen os nosos ovos campeiros, ou sobre como é vivir nunha pequena aldea galega.

En Pazo de Vilane queremos contribuír ao desenvolvemento da nosa contorna, pór o noso gran de area para que a xente nova teña a oportunidade de vivir e traballar no rural.

A entrevista con Marcos forma parte dunha serie de vídeos cos que formaremos o mapa das granxas que traballan con Pazo de Vilane. Demostrarémosvos que a nosa contorna, as aldeas e o rural galego, están cheos de recursos naturais e humanos que debemos pór en valor.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies