Manualidades para o día da Nai

Pola veces que tivo razón, o seu amor e apoio incondicional, a súa paciencia e enerxía, e millóns de motivos máis que están pasando agora pola túa cabeza, non hai grazas suficientes para agradecer ás nosas nais todo o que fan por nós. Por iso o Día da Nai é un data marcada en todos os nosos calendarios de celebracións. Un día exclusivo para renderlles homenaxe, aínda que sexa cunhas manualidades para o Día da Nai. 

Para celebralo e agradecer todo o agarimo e esforzo que fixeron e seguen facendo por nós ao longo da nosa vida merecen un agasallo á altura, sen escusas. Non hai peros que vallan! Prepara un bloc e bolígrafo para coller ideas xeniais que imos a dar e así celebrar o Día da Nai como se merece.

As manualidades sempre son un agasallo perfecto, invistes tempo e agarimo, o que fai que teña máis significado e un valor incalculable. Imos, un agasallo único! E se encima é de utilidade, fará que á túa nai non lle deixe indiferente. Por exemplo…Un bolso?

Estas ideas farán que lles explote o corazón de alegría, cando se esperte pola mañá co seu almorzo preferido xa listo e unha manualidade feita con todo o teu agarimo.  

Inspírate a crear as mellores manualidades para o Día da Nai Sabes que necesitas? Exacto, unha caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane. Faranlle os ollos chispas!

Bolso

Podes confeccionar un bolso a mamá coa nosa caixa de ovos. Sandra enviounos esta idea para o concurso 1 idea, 1 árbore e deseñou un precioso bolso que loce como ninguén. Forrouno con papel pinocho e utilizou contas e abalorios para decorar as asas. É toda unha deseñadora!

Xoieiro

Se mamá non sabe onde meter todos os seus pendentes, colares, pulseiras, aneis e demais complementos, este é o agasallo perfecto. Cunha caixa podemos organizar todas a bixutería e xoias e ademais, que se acorde de ti sempre que as garde. Ensinámosvos este de María Teresa da pasada edición de 1 idea, 1 árbore.

Que necesitaremos?

  • Unha caixa de ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • Cartón
  • Pistola de silicona
  • Un regra e un cutter
  • Tesoiras
  • Decoración para adornala: teas, goma  eva, botóns, cartolina 

Primeiro medimos o ancho e longo da caixa, tendo como referencia a súa base. Con esas medidas curta un anaco de tea ou goma eva, así decoramos o fondo do xoieiro. Para fixala, utilizamos a pistola de silicona. Agora medimos o ancho e a altura da caixa e cortamos un anaco de cartón con esas medidas. Colocámolo no centro da caixa para dividilo en dous espazos. Con silicona fixámolo. Podes crear tanto espazos como queiras e decoralos como desexes (purpurina, abelorios, botóns, pintura..). Decora tamén o exterior da caixa, podes poñer unha foto súa para que sexa máis persoal. Verás que cara pon cando lle deas este super agasallo!

Marco de fotos

Un marco cunha bonita foto en familia sempre é un bo agasallo, e máis agora que todas están dixitalizadas. Pero se encima enmarcas unha foto cun marco feito por ti, será un agasallo máis especial aínda. 

Que necesitaremos?

  • Unha caixa de ovos campeiros de Pazo de  Vilane
  • Tesoiras
  • Silicona
  • Unha foto
  • Decoración ao gusto 

Imos crear flores co cartón da caixa de ovos. Recortando coas tesoiras os ocos onde se introducen os ovos no cartón dámoslles formas de pétalos. Podemos crear unha gran variedade de flores, como rosas, só necesitas dous ocos da caixa de ovos e enrolar a tira sobre si mesma, pos silicona na base e tes unha preciosa rosa. Outra forma de decoralo, é collendo xornais ou un libro, forramos o cartón, e dámoslle un toque máis “vintage”.

Cortamos a caixa e quedámonos coa súa tapa e a súa base. Medimos a foto que imos enmarcar e facemos as súas medidas no medio da base e a tapa. Pinta o cartón e pega ao redor as flores que creaches, xa pintadas tamén. Cando se sequen, inserimos a foto e pegamos a base e a tapa con silicona, así quedaría enmarcada. Co que sobra de cartón podes facer un  pliegue para que se manteña de pé. E listo para decorar a túa casa!

Marcapáxinas

Se mamá é unha amante da lectura acabas de atopar o seu agasallo perfecto.  Martina Redondo enviounos estes preciosos marcapáxinas nunha edición pasada de 1 idea, 1 árbore. Confeccionalos é moi sinxelo, só necesitas unhas tesoiras, pegamento e un pouco de imaxinación. Os detalles da nosa caixa de ovos Pazo de Vilane poden inspirarte para a decoración. Colorea con rotuladores a nosa galiña ou enche as follas de carballo.

Elementos de decoración

Seguro que tes unha colección de manualidades e debuxos. Esta manualidade é unha forma útil de expoñer todas as túas obras de arte e ademais decorar a túa casa. Un agasallo perfecto para o día da Nai colleitando todas as túas obras de arte. 

Que necesitaremos?

  • Dous ou máis caixas de ovos campeiros de Pazo de Vilane
  • Outras caixas que teñas por casa
  • Silicona e pegamento
  • Papel de decoración, teas ou goma eva
  • Unha corda 
  • Tesoiras

Collemos todas as bases das caixas e quitámoslles as tapas. Medimos o ancho e longo da caixa. Levamos esas medidas ao papel, tea ou goma eva, se son diferentes cores e texturas mellor. Recortámolo e pegámolas na base, isto será o fondo. Pegamos os laterais das caixas na orde que a túa queiras, cada lateral tense que pegar con outra caixa, por exemplo se é de 4, pegamos unha caixa de Pazo de Vilane cunha de zapatos, debaixo da de zapatos outra de Vilane e á beira desta, outra caixa. Poñemos unhas pinzas para que se peguen ben e deixámolo toda a noite. 

Agora queda decorar cada espazo con debuxos, xoguetes ou manualidades, dá renda solta á túa creatividade e decora cada estante como queiras. Pega a corda por detrás e xa está lista para colgar e expoñer toda a túa creatividade. Tamén podes facer como Guadalupe na foto e pegar unhas cantas caixas xuntas e outras separadas. ¡Queda ideal!

Caixa descargable Pazo de Vilane

Se xa tes un agasallo comprado, deixámosche as plantillas das nosas caixas para que as descargues e poidas facer un  empaquetado máis persoal e divertido. Pinta a caixa como queiras, engádelle mensaxes bonitas ou decóraa como máis che guste. Nós dámosche a ferramentas e a túa pos a imaxinación. 

Démosche múltiples posibilidades para reciclar as túas caixas de cartón e crear fantásticas manualidades. Verás que cara poñerá a túa nai cando lle deas algún destes fantásticos agasallos. Que ganas de ver as vosas creacións! Se queredes máis inspiración, deixámosche as ideas que nos envían para as edicións de 1 idea, 1 árbore. Ademais, podes participar xa na súa sétima edición. 

Esperamos que despois de ler todas estas ideas teñas ganas de coller a nosa caixa, unhas tesoiras e poñerte a crear. Nai non hai máis que unha, e como a túa ningunha así que dille o moito que as queres cunha manualidade feita por ti.