Letras Galegas 2017: Carlos Casares

Como cada ano desde 1963, o 17 de maio celébrase o Día dás Letras Galegas, que este ano se dedica ao escritor Carlos Casares (Ourense, 1941 – Nigrán, 2002).

Unha das súas obras máis relevantes é A galiña azul, publicada en 1968 como unha das primeiras obras editadas en galego para o público infantil. Cunha mensaxe habitual no autor contra a intolerancia e a inxustiza, na obra aparecen personaxes moi singulares como Leoncio, que inventa canóns que disparan caramelos e bombas de felicidade; unha formiga esquiadora cunha perna rota; ou a misteriosa galiña azul, que ten cinco plumas vermellas nunha á e que pon ovos de cores. En Pazo de Vilane aínda non atopamos unha galiña tan peculiar. Seguiremos buscándoa! 🙂

 

De Carlos Casares destaca tamén a súa faceta de biógrafo, con traballos sobre a vida e obra de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Curros Enríquez; e tamén a súa faceta de tradutor. Foi pioneiro na tradución ao galego de clásicos como O principiño, o ciclo completo de Sherlock Holmes e diversas obras de autores como Albert Camus, James Joyce, Edgar Allan Poe…