fbpx

Lendas sobre o Castro de Amarante de Antas de Ulla

A tradición popular galega é moi rica en lendas, que normalmente se transmitiron oralmente de xeración en xeración e constitúen un bo reflexo das costumes e supersticións do mundo rural galego. Aquí, en Antas de Ulla, é moi popular a lenda do Castro de Amarante.

Neste lugar está situada a fortaleza medieval de Castro de Amarante, construída no século XIII sobre un poboado castrexo, que foi derrubado e construído en varias ocasións, e sobre o que tamén existe outra lenda que xa vos contaramos sobre un pasadizo que comunica esta construción co Monte Farelo.

Conta esta lenda que baixo a igrexa do Castro de Amarante, construída sobre un poboado castrexo, nos tempos dos mouros había tres minas: unha de ouro, outra de prata, e unha terceira de alcatrán. Se algún día alguén as descubría e as quería extraer, podería ocorrer unha gran desgracia, pois mentres que estivese a de ouro e debaixo a de prata ben, pero no caso de que a de alcatrán quedase arriba ou no medio ao extraer algunha das outras dúas, prendería un lume que calcinaría a igrexa e os seus arredores, incluído o pobo.

Ademais, tamén se conta que neste lugar habitaban unhas meigas protectoras do amor sincero, que castigaban de xeitos moi diversos a aqueles mozos que querían enganar a algunha moza.

 

Moi preto tamén se atopa o Balneario de Frádegas, outro lugar cunha gran historia. Dúas paradas obrigatorias na vosa ruta se algún día vos achegades a visitarnos.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies