fbpx

Ideas de cinema con 1 idea, 1 árbore

Amosámosvos unha actividade para ensinar a reciclar aos máis peques coa nosa iniciativa 1 idea, 1 árbore.

Como todos xa sabedes o ano pasado durante os meses de marzo, abril e maio lanzamos a 6ª edición de 1 idea, 1 árbore. Unha iniciativa sostible cuxo obxectivo principal é o de fomentar as 3 R: reducir, reciclar e reutilizar. E para iso propuxémosvos un reto: darlle unha segunda vida ás nosas de caixas de ovos  camperos. 

En Pazo de Vilane comprometémonos a plantar unha árbore autóctona nas nosas leiras por cada idea recibida coa nosa caixa da galliniña e contribuír á reforestación na comarca da Ulloa. Fotos, vídeos, instrumentos ou elementos decorativos son só algunhas cousas das marabillosas ideas que nos enviastes. Foron máis de 400! E seguimos sen cansarnos en mostrar o orixinais e divertidos que sodes. 

Moitas das ideas que nos enviastedes estaban realizadas por nenos. Ensinar a reciclar todo aos máis pequenos é fundamental para que comecen a ter este hábito e poidan realizalo ao longo da súa vida. Ser conscientes dos importante que é coidar o noso planeta. E que mellor forma de ensinarlles que creando actividades e xogos para que sexa aínda máis divertido? 

Nesta ocasión estamos o dobre de encantadas porque utilizaron a nosa iniciativa 1 idea, 1 árbore en talleres para que os máis peques aprendan de reciclaxe. O noso gañador na 5ª edición en 2018, Juan Xusto, creou unha «Caixa de Cinema», unha idea moi orixinal onde contaba unha bonita historia coas nosas caixas de ovos  camperos. Nesta ocasión, ensinou a crear estes pequenos cinemas aos nenos e que desenvolvan a súa imaxinación contando historias divertidas e orixinais. Non é xenial?

Se queres facela en casa cos teus fillo, aquí tes todos os pasos en fotos para poder facelo e crear unha actividade didáctica e educativa. Ademais de divertida! Só necesitas unha caixa de ovos  camperos, a súa caixa de ovos, dous escarvadentes e unha tira de papel: 

  1. Colle a caixa, ábrea  e na base recorta un cadrado no medio.
  2. No interior, colle dúas esquinas da caixa de ovos recortadas e pégaas en cada extremo.
  3. Feixe dous buracos na parte superior e insere dous escarvadentes, unidos á caixa de ovos que fará de base. 
  4. Nunha tira de papel, escribe e debuxa a historia que queres contar. Cando a teñas, enrólaa no escarvadentes desde o final da tira. Deixando o principio no escarvadentes da esquerda. 
  5. Verás que queda estirado e poderás ver cada escena no cadrado recortado. A medida que vas virando o escarvadentes esquerdo, van pasando as escenas.
  6. Agora só queda usar unha lanterna que se poñerá na parte de atrás para iluminar a escena e contar a túa marabillosa historia. 

Construír un futuro sostible é posible grazas aos nenos! Tamén fas actividades de reciclaxe coas túas peques? Dinos nas nosas redes sociais todas as actividades que fas con eles en casa para inicialos na reciclaxe. 

Tamén podedes consultar todas as ideas de reutilización da caixa de ovos  camperos de 1 idea, 1 árbore recibidas en 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies