Gaña ovos campeiros Pazo de Vilane para un ano

Para Pazo de Vilane e Canal Cocina outubro é o Mes do Ovo, sabedes por que? O 14 de outubro é o Día Internacional do Ovo e, no canto de homenaxealo só ese día, decidimos que o ovo se convirta no protagonista culinario indiscutible durante todo o mes.

Serán días con sorpresas; ofreceremos información sobre os numerosos beneficios do ovo e celebraremos un novo concurso de receitas. A persoa gañadora gozará de ovos campeiros Pazo de Vilane durante un ano.

Os participantes poderán enviar as súas receitas a través de www.canalcocina.es ata o 3 de novembro de 2016. De entre todas as preparacións, un xurado de expertos escollerá unha receita, cuxo gañador/a percibirá un pack de doce ovos camperos Pazo de Vilane á semana, ao longo dun ano.

Este ano cúmprese o 21º aniversario do Día Mundial do Ovo, unha celebración programada pola Organización Mundial do Ovo (World Egg Organisation, WEO), que ten o obxectivo de promocionar os beneficios do ovo como a maior fonte de proteínas que se pode comprar.