Marmelada artesanal de framboesas

Mermelada de frambuesa de Pazo de Vilane

Para crear a marmelada de framboesa de Pazo de Vilane só empregamos froita enteira que recollemos directamente das nosas leiras, un pouco de azucre e agar. O segredo para obter o seu sabor único está en colleitar o froito no seu punto xusto de maduración natural. O clima galego, húmido e suave, favorece que nosas framboesas sexan zumarentas, aromáticas, grosas e cheas de pulpa. Cando a súa cor é máis viva sabemos que están listas para ser recollidas. A marmelada artesanal de frambuesa combina perfectamente con torradas, queixos, patés, foies e iogur.

 

Marmelada artesanal de arandos

mermelada de arándonos de Pazo de Vilane

A nosa marmelada caseira de arandos está cociñada cun 70% de froita enteira recollida no seu punto xusto de maduración. O arando é un superalimento, por iso e recoméndase consumir entre 90 e 100 grs. ao día polo seu alto contido en fibra, minerais, vitaminas e antioxidantes. Protéxenos contra as enfermidades e mellora a nosa saúde cerebral.

O chan acedo, húmido e drenado de Galicia favorece o cultivo e a calidade dos nosos arandos. Non dubides en usar a nosa marmelada de arando nas túas tortas de queixo ou como aderezo en ensaladas, carnes asadas ou pizzas doces.

Marmelada artesanal de amorodos

Marmelada artesanal de amorodos de Pazo de Vilane

Se eres fan da marmelada de amorodos, tes que probar a de Pazo de Vilane. Está elaborada só con amorodos galegos da Ulloa, moi apreciados entre os gourmet pola dedicadeza da súa pulpa e alto contido en azucres naturais. Como todas as nosas marmeladas artesás, contén un 70% de froita madurada e zumarenta. Non deixes de probala en torradas, como acompañamento de carnes e peixes ou como ingrediente protagonista dun riquísimo xeado caseiro.

Marmelada artesanal de froitos do bosque

Ideal para os amantes dos froitos silvestres. A nova marmelada de froitos do bosque de Pazo de Vilane, que combina amorodos, framboesas e arandos recollidos nos meses de verán nas nosas leiras, ten un delicioso toque agridoce que a fai aditiva. Cociñada a lume lento según a receita tradicional do Pazo, está deliciosa en tortas, “brioches” ou follados como contrapunto de carnes vermellas ou caza, ou simplemente sobre pan integral ou galletas artesás.

Marmelada artesanal de tomate agridoce

Mermelada de tomate agridulce de Pazo de Vilane

Escollendo unicamente tomate ecolóxico enteiro conseguimos a mellor marmelada artesanal de tomate agridoce de Pazo de Vilane. Cun 72% de froita, pódela maridar cos teus pratos máis sofisticados: afumados, rulos de queixo, follados salgados, pasteis fríos de verduras, ou como aderezo ou chutney de carnes asadas, hamburguesas, e espetadas de pito.

Proceso de elaboración

Din os aldeáns que a leira “A Margada”, onde cultivamos a froita que empregamos nas nosas marmeladas, é unha das mellores da zona. Orientada ao sur e rodeada do río Estanco, posúe a súa propia alberca e pozo. Hoxe tamén a gozan as galiñas camperas, que pastorean en liberdade por estas fértiles terras.

O secreto das nosas marmeladas artesanais está no noso empeño por obter cada ano a mellor materia prima dos nosos campos e en seguir a receita tradicional de elaboración. Froita madura e cociñado lento que lle dan ás nosas marmeladas o seu sabor, cor e textura característicos.

O toque/broche final póñeno os seus coidados estoxos, realizados en cartón reciclable. O mellor envoltorio para un agasallo gourmet ou o contedor ideal para almacenar ou ter a man os teus ingredientes de cociña: toppings, especias, froitos secos.

Poderás esperar a probar as nosas marmeladas naturais?

Merca as nosas marmeladas artesanais

Cultivar nosa propia froita permítenos incorporar un alto contido nas nosas marmeladas. Poucos poden conseguir tanto porcentaxe de froita. Por iso cando compras unha das nosas marmeladas artesanais, estás a adquirir un produto gourmet de calidade. Coidamos galiñas e tamén somos agricultores porque cultivamos as nosas terras e plantacións. Así nos aseguramos a recollida óptima dos froitos e podemos ofrecerche unha marmelada sen exceso de azucre engadido que unicamente contén froita doce, madurada de forma natural, ao sol.

Podes atopala nas tendas do Corte Inglés, en tendas especializadas e de barrio, ou ben comprar marmelada na nosa tenda online. Descobre os lotes que preparamos para o teu fogar ou para regalar. Enviámoschos onde desexes.

Impostos e envío incluído
Esgotado
Impostos e envío incluído
Esgotado
Impostos e envío incluído