Concertos no Pazo

Cada verán celébrase Concertos no Pazo, unha actividade gratuíta que ten como propósito traer a música ao medio rural e permitir que os habitantes da zona e quen se queira achegar ata Pazo de Vilane poidan gozar dunha velada de boa música.

Desta forma, ademais de traballar na mellora das leiras e a súa contorna con actividades agrícolas e gandeiras sostibles e elaborar produtos de calidade, como o ovo campeiro ou as marmeladas artesanais, a empresa dá sentido e actividade aos espazos arquitectónicos do pazo. Descobre en que consiste a nosa iniciativa Concertos no Pazo e infórmate sobre todo o relacionado con ela: edicións, horarios, artistas, etc.