Do Samaín á Feira de Santos

Esta noite en Galicia celebramos o Samaín. A orixe da celebración está nos antigos pobos celtas e na celebración do final da colleita. O nome vén da palabra gaélica Samhain que significa “final do verán”. Hoxe, os espíritos dos mortos visitan o mundo dos vivos. A tradición di que se acendían grandes fogueiras para afastar aos malos espíritos e que se deixaban comida e velas para axudar ás almas a ir cara a luz ou atopar a casa dos seus familiares.

A mediados do século XVIII moitos irlandeses emigraron a Norteamérica e levaron con eles o Samaín. Cambiáronse os nabos por calacús, máis doados de baleirar, e o 13 de maio polo 1 de novembro, a véspera de Todos os Santos. Sabedes como se di en inglés “véspera de Todos os Santos”? A tradución é All Hallow’s eve, de onde xorde, como imaxinades, Halloween.

Feira de Santos de Monterroso

Ao día seguinte en Monterroso (Lugo), moi preto de Pazo de Vilane, celébrase a Feira de Santos. Declarada de interese turístico galego, a súa orixe está no ano 1450. A Feira de Santos de Monterroso é un mercado agrícola e gandeiro que reúne cada ano a máis de 10o.000 persoas. Ademais da feira cabalar, atoparédesvos cun gran mercado de produtos de tempada: queixos, castañas, mel… O espazo da feira acolle ademais actuacións musicais e degustacións gastronómicas. Apuntádesvos?