Descubrindo ás galiñas: Lohman

Como xa sabes, encántanos compartir os nosos coñecementos de galiñas e descubrir razas novas e curiosas, por iso cada mes presentámosche unha nova. O mes pasado, por exemplo, falámosche da galiña Sebright , unha raza preciosa cunha plumaxe que capta a atención. 

Nesta ocasión queremos coñecer un pouco máis a raza que vive en Pazo de Vilane. A galiña Lohman goza durante todo o ano de pastos frescos e tenros, trátase doutra raza que vive en liberdade en Pazo de Vilane e hoxe ímos a dar máis detalles sobre ela. 

Galiña poñedeira

Lohman é unha galiña poñedeira, como che explicamos no noso post de razas de galiñas , as galiñas pódense distinguir entre a pura raza e a raza cruzada. A primeira, son todas as que teñen un patrón fixado e transmíteno a seguintes xeracións, sendo os fillos idénticos aos pais, como son as galiñas autóctonas. E as cruzadas son as que nacen do cruzado doutras razas xa existentes. Así nacen as galiñas poñedeiras e as galiñas campeiras, como nosa Lohman. 

O seu país de orixe é Alemaña e é das variedades de poñedeiras máis utilizadas en distintos países europeos polos seus ovos grandes e que se poden criar facilmente. Outro punto forte da nosa galiña é a súa gran capacidade para adaptarse a calquera tipo de clima, goza tanto do inverno galego como do seu verán. Tamén destaca a súa resistencia a calquera tipo de axente patóxeno, enfrontándose sen dificultade a calquera virus ou bacteria. Ou sexa, que a esta pita é moi difícil vela cun arrefriado. 

Sen dúbida, trátase dunha galiña moi completa e fácil de criar, posúe un comportamento dócil e tranquilo. Ademais, adáptase a calquera tipo de crianza. Sen dúbida, trátase dunha galiña moi querida.

Características da galiña  Lohman

É unha gran poñedeira de ovos, de feito, ten unha produción que vai de 320 a 325 ovos anuais. Case a ovo por día! Tamén destaca os seus ovos de gran tamaño, de excelente casca e  pigmentación, unha cor marrón intensa que chegan a pesar entre 64 e 72 gramos.

A cor da súa plumaxe é avermellado ou marrón, a maioría teñen plumas brancas ao redor do pescozo e na punta da cola. Existen algúns exemplares que teñen tons máis escuros. Mesmo existen outras variedades desta raza de cores brancas, beige e negro. Póñense chocas facilmente e adáptanse rapidamente a calquera tipo de crianza. Nosa querida Lohman é unha raza moi curiosa e dócil.  

Lohman en Pazo de Vilane

En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas. As nosas pitas de raza Lohman pasean en liberdade e gozan dos nosos verdes pastos todo o ano!

O noso privilexio? O clima atlántico que temos en Galicia. O pastoreo concede ás nosas galiñas crecer felices e sas. A inxesta de herba achega á nosa galiñas fibras, nutriente e  aminoácidos. Xa imaxinades o resultado, un ovo campeiro cunha maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. 

Pero a excelencia dos ovos das nosas galiñas non só vén da súa alimentación, tamén inflúe unha atención coidadosa por cada unha das persoas que formamos Pazo de Vilane e que nos preocupamos polo benestar das nosas galiñas Lohman. 

Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución https://pazodevilane.com/gl/tendas/ .