fbpx

Descubrindo ás galiñas: galiña de Guinea

Conoce con Pazo de Vilane as principais razas de galiñas que existen polo mundo. Hoxe presentámosche á galiña de Guinea

Como cada mes, traémosche un post para coñecer novas razas de galiñas e descubrir as súas características e datos curiosos. O mes pasado presentámosche a unha das galiñas máis antigas, a galiña Sussex, e hoxe traémosche a unha ave practicamente descoñecida en España con aspecto moi peculiar: a galiña de Guinea.  

A galiña de Guinea é coñecida como a galiña pintada ou galiña coquena e pode parecer moito máis exótica que as galiñas que todos coñecemos, pero tamén é ave doméstica que convive nas nosas granxas sen problemas. Ten a súa orixe no centro oeste africano, ao sur do Sáhara, de onde provén o seu nome. É descoñecida na maioría dos países europeos, salvo en Francia e Italia onde está máis presente. Chegan a adquirir un gran tamaño, uns cincuenta ou sesenta centímetros, e caracterízanse por ter un pico gordo, forte e moi longo que empeza no seu nariz.

Pertence á familia de aves galiforme ou  galináceas, ás que pertencen 283 especies diferentes, xunto coas perdices ou os pavos, que tamén pertencen a esa familia. O seu nome científico é Numida Maleagris, algúns sitúana na familia das Phasianidaes, con aves como os faisáns. Existen tres tipos de galiñas de Guinea: as grises, azuis e as brancas. 

Características da galiña de Guinea

A galiña de Guinea ten un tamaño medio de 53 cm a 63, dependendo da súa estirpe. É moi peculiar porque non se parece ao resto de galiñas que hai en granxas, posúe plumas longas escuras e ten o pescozo e a cabeza calvas. Algúns exemplares contan cunha crista encima da súa cabeza. Cun corpo redondeado, cabeza pequena e unha cola e ás curtas chegan a pesar un 1,3 kg en media. 

Ten un pico curto e unhas carúnculas de cor vermella intensa. Unha plumaxe gris azulado ou gris perla con manchas brancas en forma de abelorios, coa pel branca, lixeiramente  azulada na cabeza aínda que con manchas negras. Poden chegar a vivir 12 anos de forma  salvaxe e varios máis en catividade. 

Á hora de crialas son bastante delicadas, xa que estas aves veñen do Trópico, polo que necesitan zonas controladas que as protexan do frío e a calor. A galiña de Guinea é unha animal que adoita vivir en lugares grandes e abertos polo que nunha granxa tense que ter en conta este factor para que vivan en óptimas condicións. Forman bandadas e son aves sociais que se desprazan en grupo e percorren quilómetros durante o día e pola noite sóbense ás árbores para durmir.

Un dato interesante sobre estas galiñas é que son animais monógamos que contan cunha soa parella durante toda a súa vida. Nunha granxa debe haber a mesma cantidade de machos e femias, na súa época de cortexo ou de cría os machos buscarán varias femias, pero no momento en que unha femia o acepte quedará con ela. Poñen entre sete e vinte ovos e, a diferenza das galiñas tradicionais, as galiñas de Guinea  incuban os ovos entre 25 e 30 días. As que viven en liberdade, adoitan comer miñocas, cágados ou caracois pequenos para non ter que abandonar o niño.

As galiñas e ovos de Pazo de  Vilane

Anteriormente falámosche de distintas razas de galiñas, procedencia e características onde che mostramos as razas das nosas galiñas en liberdade: Isa Brown e Lohmann. Viven en liberdade nas leiras de Pazo de Vilane cunha alimentación rica en cereais de calidade e herbas que comen nos seus paseos diarios gozando durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia.

O resultado son ovos campeiros de cor marrón tenue, moreno e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén desta alimentación, tamén é o resultado dunha atención  esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane. Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies