fbpx

Descubrindo as galiñas: galiña araucana

Imos descubrir as principais razas de galiñas que existen polo mundo. Hoxe Pazo de Vilane dache a coñecer á famosa galiña dos ovos azuis: a galiña araucana.

En Pazo de Vilane somos apaixonados das galiñas. Xa vos falamos das distintas razas de galiñas, procedencia e características e agora propuxémonos dar a coñecer as razas máis importantes que existen ao longo do mundo. Cada mes descubrirémosvos a unha nova galiña e este mes empezamos pola famosa galiña araucana.

Algunha vez oíches falar dos ovos azuis? A galiña araucana ou mapuche é coñecida polos ovos que pon e é única na súa especie. Foi criada polos indios Mapuche e redescuberta polos colonos na Península de Arauco, de aí provén o seu nome. Esta galiña é coñecida en case todas as partes do mundo aínda que é orixinaria do sur de Chile e de Arxentina. Existen crónicas escritas ao redor do 1.500 nas que xa se recollen a existencia de crianza de galiñas por parte dos mapuches na zona centro-sur de Chile, dunha raza distinta ás que había en Europa.

Diferentes análises xenéticas e investigacións atopan relación entre elas con outras especies  polinesias que chegaron á zona polo menos un século antes que o españois pero outras fontes aseguran que aínda non pode ser probado tal orixe en galiñas sudamericanas. O que se sabe con certeza é que é orixinaria do sur de Chile e Arxentina, e non é unha raza única, nace da unión de dúas galiñas poñedeiras de ovos de cor azul, a galiña collonca, que se caracteriza por non ter cola e poñer os ovos de cores azuis, e a galiña quetro, que si posúe cola e arietes e tamén pon ovos azul  verdoso.

Características da galiña  Araucana 

A plumaxe da galiña é variada e solta, en ocasións con mestura de cores negra e branca. Atopáronse exemplares raiados con cores brancas e tons avermellados e outras completamente negras. Tamén hai unha alta cantidade de galiñas con plumaxe tirando a azul lousa e branco. En xeral, é frecuente velas envoltas de plumas negras, azuis ou brancas salpicadas de negro.

Outra forma de recoñecelas é por ter cristas pequenas e tripla, ás veces téñenas en rosa ou coxín. Algunhas galiñas teñen cristas simples, pero seguen sendo pequenas e non teñen caída na femia, a diferenza de moitas razas mediterráneas. Contan con queixos pequenos e con plumas.

As súas patas son cor oliva e as súas forelliñas son preferentemente vermellas, aínda que pode presentarse  con pigmentación branca leve, en todo caso, cando é enteiramente branca, é propia de razas mediterráneas. En xeral, son galiñas de tamaño mediano, cun peso media de 2,7 qg o galo e 2,2 qg. a galiña.

Os ovos azuis

Os ovos desta galiña son únicos: a súa cor é o máis rechamante e diferente. A súa casca tira cara a cor azul, azul verdoso ou celeste. 

Caracterízase por ter unha xema de maior tamaño e unha casca moi resistente, o que permite unha conservación máis duradeira. A cor exterior de casca azul verdoso, débese a unha enzima que se  segrega no oviducto da galiña e que transforma a hemoglobina en biliverdina, que se incorpora no ovo ao formarse a casca. A intensidade da cor varía dependendo da posta da galiña, a maior frecuencia de posta, menor intensidade presentará o ovo. 

A pesar da súa cor, son igual de comestibles que o ovo marrón ou branco. É usado na cociña con moitas receitas, tanto en comidas salgadas como sobremesas. Teñen unha demanda gourmet moi elevada, pois son ricos para a repostería. Ademais hai que sumarlles que teñen unha alta concentración de vitaminas, minerais e proteínas.

As galiñas e ovos de Pazo de  Vilane

En Pazo de Vilane, as galiñas en liberdade son de dúas razas: Isa  Brown e Lohmann. Teñen unha alimentación rica en cereais de calidade. A inxesta de herbas que comen nos seus paseos achega ás galiñas nutrientes, fibras e aminoácidos que incorporan ao ovo que poñen, potenciando os nutrientes do ovo. A súa excelencia non vén só da súa alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane. Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución.

< Volver

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies