Descobre o mellor do Entroido

Xa está aquí. Unha das festas máis esperadas do ano en Galicia vive os seus días grandes do 20 ao 26 de febreiro. O Entroido xa chegou.

Chegou o Entroido! Esta é unha das frases que máis se escoitará nas conversas de tódolos galegos a partir da próxima semana. Ao Entroido tamén se lle denomina Antroido ou Introido dependendo da zona. A chegada destas datas supón unha explosión de festa  e de ritos que se expanden polas catro provincias galegas. 

Estamos a falar dunha das celebracións máis importantes do ano; mostra delo é que aquí se seguiu celebrando a pesar das prohibicións de outrora e que máis de 150  concellos teñen o luns ou o martes como días festivos locais. Porque aquí o Entroido vívese ao grande e en lugares como a localidade ourensá de Xinzo de Limia hai un contador todo o ano para saber os días e horas que faltan para o comezo da vindeira edición. Colle o teu disfraz e prepárate para pasalo ben.

Triángulo Máxico do Entroido

Con este nome coñécese ao triángulo xeográfico que forman as localidades  ourensás de Xinzo, Verín e Laza. Aquí o Entroido é un sentimento que se leva  dentro e que viven dende os máis pequenos ata os máis maiores. En cada un destes  concellos contan co seu propio traxe: Pantallas en Xinzo, Peliqueiros de Laza e Cigarróns en Verín.  Estes personaxes encárganse de darlle vida e manter a esencia do Entroido ademais de darlle un escarmento a aqueles que ousaron no disfrazarse. Ademais, os dous últimos levan tradicionalmente animais debuxados nas súas máscaras. Haberá algún que leve unha galiña como as de Vilane?

O de Xinzo considérase o Entroido máis largo de España, nin máis nin menos que cinco fins de semana completos de celebración. Entre os días grandes destacan o domingo Fareleiro, o Oleiro, Martes de Entroido ou o domingo de  Piñata. En Verín tamén saben ben de celebracións. Ademais da fin de semana e o luns e martes de Entroido, a localidade converteuse no centro da festa o Xoves de Comadres. Trátase dunha festa destinada ás mulleres, que se reúnen en grupo o xoves antes da festa grande para comer, beber e celebrar ata que o corpo aguante. Algún home  sempre se coa pero convenientemente disfrazado do sexo contrario.

Seguimos co Entroido de Laza que ten o recoñecemento de ser dos máis ancestrais cos  seus especiais ritos: aquí podes ver dende un folión ou a el repartición da bica ata o lanzamento de formigas ou a farrapada, unha guerra de trapos sucios. Considérase que está entre os dez máis antigos do mundo e, como os outros dous do Triángulo Máxico, está declarada como Festa de Interese Turístico.

Máis Entroido

Aínda que estas tres vilas son o epicentro do entroido en Galicia, hai moito máis.  Está o boteiro de Viana do Bolo, os xenerais do Ulla, o Entroido de Cobres, o oso de Salcedo en Lugo, os felos de Maceda, os volantes de Chantada ou o Enterro do Ravachol en Pontevedra. Nesta ligazón podes consultar os máis destacados. 

Hai tantos traxes e tantas celebracións que nos sería case imposible nomealas nun único post. A data do Entroido varía en función da Semana Santa e das celebracións cristiás pero aínda que é unha festa de inverno, nunca pasarás frío. A  xente de todas partes ábrese para recibir aos visitantes durante estes días nos que priman o escarnio, a celebración, a tradición e, como non podía ser doutro xeito, o bo xantar.

Entroido e comida

Ademais dos propios  traxes e tradicións, o Entroido ten os seus propios ritos culinarios. Esta é época de exaltar as cualidades do porco. Tradicionalmente facíase   a matanza nos meses de novembro e decembro e as partes que se poñían a curar, degustábanse en entroido. O cocido ou o lacón con grelos son algúns dos pratos  estrela. Tamén a cachucha. De feito, se te pasas por algún supermercado ou carnicería poderás ver algunha disfrazada con lentes ou con algún tipo de gorro.

As  sobremesas  tamén teñen o seu propio apartado. Ademais, moitos deles son  ideais para que empreguemos os ovos campeiros de galiñas en liberdade  de Pazo de Vilane. Por exemplo, as filloas ou  frixós, as rosquillas ou a bica. Que delicia! E non hai Entroido sen as tradicionais orellas ou as flores, preparadas en esencia con fariña, azucre, aceite e ovos. Estas últimas, ademais, teñen a opción de bañalas en chocolate. 

Seguro que che entrou fame. A que agardas para probar estas delicias? Achégate a descubrir o Entroido nos seus días grandes, vive tradicións ancestrais, moita festa e  aproveita para probar as receitas típicas. Ademais, dende Pazo de Vilane queremos que tamén o celebres connosco e creamos unhas máscaras chulísimas para que poidas recortar e usar para disfrazarte ou para decorar a túa casa cun toque  carnavalesco.

Pero isto non é todo. Temos un concurso de entroido no noso Instagram co que regalamos packs de marmeladas artesanais de Pazo de Vilane. Tan só tes que facer unha captura de pantalla da máscara que subimos e decorala co animal que mellor te represente. Podes facelo cun emoji, un gif, un debuxo…o que prefiras! Cando a teñas lista, súbea  etiquetando a @pazodevilane e poñendo o hashtag #CarnavalEnPazo e un dos tres packs de marmeladas poderá ser teu. Non esperes máis!