Volve o Apalpador

É Nadal. Estamos en Galicia e na provincia de Lugo, lugar de orixe do personaxe do que vos imos a falar hoxe: o Apalpador. Xorde principalmente na zona dos Ancares e do Courel inda que tamén está presente en máis zonas de Galicia. Conta a historia que se trata da figura mitolóxica dun xigante encarnado nun carboeiro que baixa durante a época do Nadal da montaña na que vive para visitar aos nenos nas súas casas.

O Apalpador é coñecido nalgunhas zonas de Galicia co nome de Pendigueiro. Descríbeselle como a un señor grande, algo maior, cunha boa barriga e barba roxa. Ademais, vai sempre fumando en pipa e leva posta unha chaqueta de cores e un pantalón cheo de remendos. Os días 24 e 31 de decembro abandona a montaña na que vive para baixar a visitar aos nenos e levarlles algún regaliño.

A tocar as barrigas

A tradición conta que visita as casas mentres os pequenos dormen para palparlles a barriga mentres están na cama e ver se foron ben alimentados. Por iso, os pais han de dar comidas especialmente copiosas durante esas datas tan sinaladas. E, por que non? Facer algunha deliciosa receita que inclúa ovos campeiros de Pazo de Vilane para conseguilo. O Apalpador deixa como regalo unha morea de castañas para desexar un ano novo no que non falte de nada. Se ademais os cativos se portaron ben durante o ano que acaba, deixará tamén agasallos xunto cos froitos.

A historia do Apalpador caeu no esquecemento durante décadas pero nos últimos anos está a traballarse para recuperala. Ademais de ser parecido a Papa Noel, esta personaxe transmite unha mensaxe moi importante: o coidado polo medio ambiente. Aquí reside parte da importancia desta figura do imaxinario galego que quere levar a mensaxe a nenos e nenas sobre a importancia do respecto pola natureza.

O de portarse ben que din os maiores para que deixen agasallos, non é nada novo en Galicia. Coa frase “así, así  esteas todo ou ano” tras tocar a barriga dos nenos, o Apalpador expande os seus desexos de prosperidade para todas as familias que visita as noites do 24 e 31 de decembro. Seguramente o Apalpador galego teña de parentes ao  L’ Angleru de Asturias e ao Olentzero de Euskadi, figuras moi similares e que tamén fan a súa aparición durante a época do Nadal.

Coñeciades a figura do Apalpador? Trasladades esta celebración á vosa casa por Nadal? Sexa como sexa, desde Pazo de Vilane queremos desexarche que pases un bo Nadal e que aproveites estes días para estar cos teus. Porque esta época tan máxica merece ser vivida cos máis próximos. Bo Nadal!