Unha empresa de Antas de Ulla fai marmeladas para as principais cadeas de alimentación

Mermeladas
Falámoslles de Pazo de Vilane, unha empresa familiar do concello lugués de Antas de Ulla que conseguiu que os seus produtos cheguen a todo o mercado español a través das principais cadeas de alimentación. Nunhas leiras de Antas de Ulla cultívanse as framboesas ou os arandos cos que a empresa Pazo de Vilane elabora marmeladas que xa se venden nas principais grandes superficies españolas. É o último paso dunha empresa familiar que comezou coa producción de ovos e que pouco a pouco foi apostando pola diversificacion e experimentando un gran crecemento en poucos anos. Pazo de Vilane, que conta con vinte empregados, traballa xa nun plan de I+D pra implantar un laboratorio de desenvolvemento de produtos e tamén na obtención do selo de produción ecolóxica. Video completo: https://www.crtvg.es/informativos/unha-empresa-de-antas-de-ulla-fai-marmeladas-para-as-principais-cadeas-de-alimentacion-638665