A Semana Mundial da Auga

Cada ano celébrase no mes de agosto na cidade sueca de Estocolmo a Semana Mundial da auga. Trátase dunha convención de carácter mundial na que se reúnen expertos de diversos países para tratar e debater sobre temas clave relacionados coa xestión da auga. Este ano o evento vai ser diferente. Debido á crise provocada polo coronavirus decidiuse cancelar todos os actos presenciais. Pero isto non significa que non vaia a haber celebracións senón que se van a adaptar para facer relatorios virtuais e chegar a todo o mundo a través da rede. 
A Semana Mundial da Auga 2020 está a celebrarse nestes momentos, do 24 ao 28 de agosto, e ten a consideración de ser a conferencia máis importante do tema a nivel mundial. Está a piques de chegar ás 30 edicións e acolleu a máis de 4.000 persoas de máis de 130 países ao longo da súa historia. A organización, como en edicións anteriores, corre a cargo do Stockholm International Water Institute (SIWI).

WWWeek At Home: Semana Mundial da Agua

A World Water Week de Estocolmo readapatouse para esta edición online co nome de WWWeek at Home. Os relatorios virtuais centraranse na auga e o cambio climático, que ía ser o tema principal antes de cancelar o evento presencial. Expertos en auga, científicos, líderes mundiais e empresarios son algúns dos poñentes das diferentes charlas e actividades que se están celebrando durante estes días. 

A través da páxina web da Semana Mundial da auga    podes consultar a programación completa e participar de forma gratuíta nas actividades que queiras. Dereitos humanos e o acceso á auga, optimización de recursos, aproveitamento da auga no campo, como pode axudar a tecnoloxía ou o negocio de auga son só algúns dos temas que se tratarán, sempre relacionados co tema do cambio climático. 

O obxectivo principal da organización céntrase no lema “Water and Climate Change: Accelerating Action”, é dicir, “Auga e cambio climático: acelerando a acción”. Buscar solucións, con discusións entre os expertos e propoñer alternativas son algunhas das solucións principais que se busca obter desta conferencia mundial. Porque o momento de actuar é agora. Trátase de buscar feitos, solucións e experiencias para realizar cambios xa debido a que a crise climática é tamén a crise da auga. 

Pazo de Vilane e a auga

En Pazo de Vilane sabemos da importancia que a auga ten para o noso planeta e para a nosa terra. Por iso, poñemos especial interese nos temas que abarcan o coidado e aproveitamento dos recursos naturais e en reducir a nosa pegada de carbono . En Galicia sabemos ben que a auga é vida. Grazas a ela, as nosas galiñas en liberdade gozan de pastos frescos durante todo o ano, o que axuda a proporcionar nutrientes aos ovos  camperos. Tamén é imprescindible para as nosas plantacións de framboesas, arandos e tomates agridoces, xa que coa auga reciben unha parte moi importante do sustento que necesitan para sobrevivir.

Eventos como a Semana Mundial da auga son vitais para recalcar a importancia que a auga ten na nosa vida. Sen auga, non seriamos, non existiriamos. É necesario que nos concienciemos xa e que empecemos a vixiar o seu uso. Detalles como aproveitar a auga da choiva e non malgastar de máis axudan a facer que o planeta sexa máis sostible. Se todos poñemos da nosa parte, axudaremos a coidar da terra. O noso fogar. Porque sen ela e sen auga, non hai futuro.