Santiago Rodríguez Gómez, xestor de operacións de Pazo de Vilane y papá viaxeiro

Santiago Rodriguez

O noso xestor de operacións, Santiago Rodriguez Gómez (Santi para toda a familia de Pazo de Vilane) non só se encarga da prevención de riscos laborais , tamén da apoio as labores de calidad e á encargada do almacén. Ocúpase das entradas, salidas e mantementos, da xestión da flota de vehículos e de levar ó día a documentación sanitaria das granxas, tanto a relativa as instalacións como das camadas.

Santi boa parte do día a adicas a “poñer orden” , ainda que dicen que sempre reservas tempo para algo moito máis dulce….

(R-i) ¡Dende logo¡ Para as nosas marmeladas Pazo de Vilane, de frambuesa, arandos e tomate. Encárgome de supervisar o almacenamento da fruta, da xestión da fabricación (que é artesanal) e de todo o que ten que ver co seu envasado e embalaxe, ademáis dos procesos finais, ou sexa, do almacenamento e a expedición. Pouco a pouco as marmeladas van enchendo máis as miñas xornadas e máis agora dende que estreamos a nosa tenda online, en xaneiro.

Santi é o encargado de coordinar todo o relacionado coas nosas marmeladas artesás de tomate, framboesa e arandeira.

Xa levas tres anos no Pazo, ¿recordas cómo empezaches?

Entrei en producción, nas oficinas, para levar sobre todo a prevención de riscos laborais. Co tempo fun asumindo máis funcións, e o ano pasado por estas mesmas datas convertinme tamén en enlace entre as granxas e o almacén debido as medidas anticovid.

É dicir, antes da pandemia os propios traballadores das granxas introducían os ovos no almacén en canto os recollían. Agora para procurar que ambos tipos de empregados estén aislados en “grupos burbuxa” eu recibo os ovos e os introduzco no almacén coas máximas medidas de seguridade. O obxetivo final é limitar no posible os contactos entre traballadores, ou sexa, minimizar os riscos se se produce un contaxio.

¿Vives cerca de Pazo de Vilane? 

Sí, a uns 25 km, en Melide (A Coruña), unha vila medieval preciosa, con moita vida porque está nun punto estratéxico, xusto no cruce dos Camiños Primitivo e Francés do Camiño de Santiago. Así que habitualmente está cheo de peregrinos, sobre todo en verán. Temos conventos e igrexias románicas, e tamén algunha moi destacada barroca. ¿Sabías que en Melide se conserva o cruceiro máis antigo de toda Galicia? É famoso, ademáis polo seu polbo e polo seu queixo.

Cruceiro de Melide, o máis antigo de Galicia.

E faláronme tamén da calidade da súa fruta…

(Rí) ¡Eso o dices polo negocio da miña muller¡ Sí, efectivamente ten unha frutería alí, todo un desafío para a familia, porque xa sabes que cun comercio propio sempre faltan horas…

¿Tes unha nena, verdade?

Sí, de 5 anos, Agora, con esta situación do Covid, temos que botarlle máis imaxinación para tela entretida, ainda que o certo é que nos sorprendeu o ben que se adaptou as máscaras, ó confinamento… De vez en cando dícenos que ten ganas de voltar as colchonetas, ou a retomar algún plan de ocio que solíamos facer, pero lévao ben en xeral.

¿Qué vos gusta hacer xuntos?

Pois cando podemos- sempre adaptándonos ás actuais circunstancias, encántanos viaxar. Temos familia en Barcelona e en Extremadura, así que os visitamos bastante. Tamén nos gusta moito Portugal e Canarias, sobre todo Lanzarote, porque ten cousas interesantes que visitar coa nena. Xa sabes, os nosos plans viaxeiros adáptanse moito a ella.

Esta é a casa dos pais de Santi, un lugar realmente idílico. Plof, o boxer da familia, observa de preto as ovellas mentres pastan nos prados verdes..

¿E cando estades na casa?

Pois visitamos os nosos sogros ou os meus pais. Teñen animais, porque viven en casas de campo, así que ¿qué mellor plan para a nena que estar coa familia e en contacto coa natureza? As veces tamén pasamos tardes tranquilas, vendo pelis ou series (ainda que non son moito de televisión); últimamente estou seguindo “The Good Doctor” ou “Scorpion”.

¿E te entretén cociñar?

Fago as miñas cousiñas… ¡Sobre todo cos nosos ovos¡ Un dos meus pratos preferidos son os ovos recheos coa pasta de atún, tomate frito caseiro, xema…

Ultimamente gústame facer unha tortilla francesa, pouco feita, rechea de queixo de Arzúa-Ulloa (o da DO da nosa comarca) e patatera, un embutido extremeño que me envían os nosos familiares (que se pode facer con calquer chourizo pouco curado).

Vista da ría de Combarro, cos seus pintorescos horreos en primeiro plano.

¿E a ti que te encanta viaxar, con qué lugar te quedarías de Galicia?

¡Qué difícil elexir¡ Sempre que podemos escapámonos a Combarro, un pobo mariñeiro moi cerca de Pontevedra. É precioso, está cheo de cruceiros e de hórreos alineados na beira da ría, rodeados de casas de pescadores.. Todo moi pintoresco. E coa luz tan especial das Rias Baixas.

Outro rincón cercano que recomendo é o Castelo de Pambre, en Palas de Rei, moi cerquiña (a 20 minutos) de Pazo de Vilane. É un castelo militar medieval do sećulo XIV cunha historia incríble e misteriosa.

Cóntanos, non nos deixes coa curiosidade…

Pois todo empeza co seu dono orixinal, Gonzalo Ozores de Ulloa, X Señor de Ulloa, que era un dos fieis cabaleiros de Pedro I. Cando éste morreu a mans do seu irmán D Enrique, o no rei fíxoo prisioneiro e despoxouno de todas as súas posesións para repartilas entre os seus partidarios. O Señor da Ulloa costoulle moitos anos recuperalas, pero tras moitas loitas o conseguiu. Foi entón cando mandou levantar o Castelo de Pambre, para contar cunha fortaleza que protexera as súas terras.

Aparte da beleza e a solidez do castelo, a rapidez con que foi construido deu lugar a moitos rumores e lendas entre os aldeáns, ata o punto de que se chegou a dicir que o levantaran nunha soa noite os mouros, isto é, magos xixantes.

O castelo de Pambre podería ser o escenario dun conto medieval

Dende logo, Galicia é unha terra chea de historias máxicas…

E a Ulloa moito máis, pero é unha gran descoñecida. Por eso animo a todo o que non coñeza a nosa comarca a visitala en canto poda. ¡ Non te defraudará¡