Receitas de Nadal: o menú perfecto de 15 pratos para as túas noites de festa

¿Buscando el menú navideño perfecto? Pues no te apures, que venimos en tu rescate. Te traemos un montón de recetas de Navidad de auténtico lujo

Canutillos de crema pastelera. Receta con huevos camperos de Pazo de Vilane

 

¿Aínda non deches co menú navideño perfecto? Pois non te apures, que vimos ao teu rescate. Traémosche unha chea de receitas de Nadal de auténtico luxo: cinco primeiros, cinco segundos e cinco sobremesas sinxelas, rápidas e baratas, para non complicarte a vida e quedar como un chef de renome. ¿O mellor de todo? Todas elas levan ovos camperos de Pazo de Vilane, postos por galiñas criadas en liberdade en pastos verdes galegos e iso… ¡Nótase¡

Anota os ingredientes e acende os fogóns, que estas festas vaste luchir.

Cinco primeiros de Nadal ricos e sinxelos

Crema de cabaza con ovo e escabeche de cogumelos

Crema de calabaza con huevo duro

Cremosa, quentiña e absolutamente deliciosa. Esta crema de cabaza é un dos mellores pratos para Nadal: préparase en 20 minutos, gusta a todos e rende moitísimo. Ademáis, podes facela con días de antelación e conservala na neveira ou incluso conxelala.

Só tes que refogar a cabaza co resto de verduras e poñelas a cocer cun chorriño de viño branco e auga. Despois só terás que preparar o escabeche de cogumelos como acompañamento da crema de calabaza

e engadir unha xema de ovo campero como toque final.

Serve moi quente nuns cuncos bonitos e decora con variedade de froitos secos (pipas peladas por exemplo). Un prato espectacular.

Pastel de escarapote

Pastel de cabracho fácil con huevos camperos de Pazo de Vilane

Outra receita de Nadal que parece de restaurante pero que é ben sinxela. A nosa proposta leva escarapote e carioca, pero podes facelo con calquer pescado a bo precio que atopes no mercado. O toque especial dállo sen dúbida a maionesa caseira; non dubides en facela con ovos camperos do Pazo notarás moito a diferenza.

A nosa receita de pastel de escarapote é sinxela: coce os peixes co allo porro, cenoria, perexil e loureiro; desmígaos e ponos nun molde xunto a uns ovos camperos batidos, nata líquida e tomate fritido. Lévao ao forno e cállao durante ¾ hora aproximadamente. Cando estea listo só terás que desmoldar e adornar ao teu gusto.

Ensaladilla rusa

A “ensaladilla rusa” é un clásico que non pode faltar en ningunha mesa do Nadal. ¿Seica alguén se resiste aos seus encantos? Dubidámolo moito, sobre todo se está feita con maionesa caseira e adornada con ovos cocidos camperos de galiñas galegas. A “ensaladilla “ ten varias versións como cociñeiros, pero algúns ingredientes non poden faltar: patacas, olivas, maionesa, atún, ovo duro picado…

A nosa receita de ensaladilla rusa

tamén leva verduras, como tomates, cenorias ou xudías verdes, e somos xenerosos coa maionesa, caseira, por suposto (podes preparala cunhas horas de antelación, sempre e cando conserves o prato na neveira).

Serve esta riquísima “Ensaladilla “ nungra gran fonte para que cada comensal escolla ao seu gusto, ou ben distribúea en vasiños ou en cuncos; incluso proba a cortar unhas porcións dun bon pan crocante e monta unhas tostas. ¡De calquera forma a devorarán!

Revuelto de alletes con cogomelos e gambóns

Unha receita de Nadal sinxela e moi pintona. Aproveita e cociña este prato de Nadal de escándalo en 10 minutos e sen que sufra o teu peto.

Aforrarás bastante se compras os gambóns conxelados; en canto aos cogumelos variados (boletus, rebozuelos, níscalos, portobello, boletus, cogomelos de cardo…) podes elixilas conxeladas ou en conserva, ou ben frescas, pois non adoitan subir especialmente en Nadal.

Podes facer a nosa receita de revolto de allos con cogomelos e gambóns só tens que refogar as verduras ata que a auga se evapore. A continuación, marca os gambóns, verte os ovos camperos batidos e calla según o teu gusto.

Garantizámoste que te van a chover os aloumiños.

Ovos á mariñeira

Un prato de Nadal super orixinal e sofisticado, que che serve de comodín, pois podes servilo como entrante ou como segundo prato. Con esta receita de cociña fusión- que lembra ao estilo dos mellores chefs franceses-ata o teu cuñado quedará alucinado. ¡Non terá nin un “pero”¡

O mellor é que leva marisco baratiño: berberechos e mexillóns frescos; aínda que tamén podes engadirlle uns gambóns se cho permite o teu orzamento. Isto sí, os ovos, que sean os mellores, de galiñas galegas criadas en liberdade, como as de Pazo de Vilane. ¡Que a calidade nótase (e moito) no sabor¡ Atrévete este Nadal con esta receita de ovos á mariñeira e gañarás o premio á distinción.

Cinco segundos navideños para quitarse o chapeu

Tartar de tenreira con xema de ovo campero

Especialmente pensado para padais distinguidos. Este tartar prepárase en menos de 10 minutos e é digno dunha mesa Michelín (polo seu sabor, non polo seu prezo). Cun pouco de carne de tenreira picada finamente (conxélaa antes para maior seguridade), uns encurtidos (cebolas, pepinillos, piparras…) unha boa xema de ovo campero e unhas pingas de tabasco e de salsa Worcestershire e teralo feito.

A textura especial (crocante e inesperada) da nosa receita de tartar de tenreira achégana os kikos de millo e os torreznos. Un prato de Nadal espectacular e sorprendente.

Pastel de carne

Receta pastel carne - Pazo de Vilane

Amosámosche unha receita de pastel de carne extra rápida e ultra sinxela para que poidas cociñala horas antes e só teñas que quentar antes de servir. Non necesitarás moitos ingredientes (apenas carne de tenreira e porco, ovos camperos , queixo en liscos e pan duro ou pan relado) nin moito tempo pois case todo o leva o enfornado.

Se serves noso pastel de carne cun puré de pataca e unha salsa española (caldo de carne, manteiga, fariña e verduras) triunfarás. ¡Palabra!

Solombo Wellington

Receta solomillo Wellington - Pazo de Vilane

Outro clásico entre os clásicos das receitas de Nadal: é o noso solombo Wellington reducimos pasos para facelo máis sinxelo, pero non por iso regateamos en sabor.

Proba e verás: la receita de solombo Wellington xa non terá segredos para tí. Un pouco de hoxaldre, uns champiñóns , un pouco de foie, xamón serrano e por suposto uns ovos camperos e poderás levar á mesa de Nadal un prato de concurso.

Pescada en salsa verde

Receta de merluza con salsa verde de Pazo de Vilane

Tamén a pescada en salsa verde conta con fans declarados. É un prato sinxelo e que gaña co reposo, así que é perfecto para preparar con horas de antelación. Ademáis a pescada, e sobre todo a carioca non adoitan dispararse nestas datas, polo tanto supoñen unha boa alternativa á peixes máis caros, como o ollomol, a robaliza ou o rodaballo.

Nosa receita de pescada en salsa verde combina ameixas. Que podes substituir por berberechos, máis económicos, chícharos, espárragos brancos e por suposto, ovo duro- ¡Chuparánse os dedos¡

Cocochas

Receta de cocochas - Pazo de Vilane

Un prato sinxelo e riquísimo. Do mellorciño da tradición culinaria norteña. Se o teu orzamento déixate certa liberdade, gástao nunhas boas cocochas e un excelente aceite de oliva, porque este prato é unha delicia. Únicamente necesitarás algo de maña para formar o “pil-pil”.

Podes seguir nosa receita de cocochas, que segue fielmente o estilo tradicional ¿Para qué complicarse máis?.

Cinco sobremesas de Nadal para subir ao ceo

Exquisiña: a tarta de queixo galega

Porciones de tarta de queso Exquisiña

Tartas de queixo hai moitas, pero ningunha como esta, elaborada con alimentos 100% do rural galego, os mellores ovos camperos postos por galiñas en liberdade, nata e queixo crema elaborados a partir da leite de vacas que pastan en verdes prados.

Con esos ingredientes, só falta a mellor das receitas de tarta de queixo galega, a que nos traen os super chefs Lucía Freitas (estrella Michelín) e Pablo Gallego en exclusiva para Pazo de Vilane, Feiraco e Quescrem. Ou o que é o mesmo, a receita de Exquisiña, a tarta de queixo galega por excelencia.

Os teus convidados alucinarán cando paladeen un trociño desta xugosa tarta de queixo: doce e suave, natural e con envolvente textura de nubre.

Roscón de Reis

Roscón de reyes hecho con huevos camperos Pazo de Vilane

Naturalmente , ¿como ía faltar o Roscón de Reis nas túas ceas e comidas de Nadal? O noso leva moito azucre espolvoreado por riba e laranxa confitada. Pero xa sabes que hai quen lle quita a froita escarchada ou quen o rechea de nata, crema ou chocolate…

Iso sí, organiza a súa elaboración previamente, porque a receita de roscón de Reis require de moita paciencia e algo de tempo, para que a masa leve axeitadamente.

Por certo , non esquezas bos agasallos dentro, para darlle máis emoción ao asunto…

Canudos de crema recheos

Canutillos de crema pastelera. Receta con huevos camperos de Pazo de Vilane

Crocantes e recheos de crema pasteleira caseira… ¿Podes imaxinarte que delicia? Estes canudos rellenos de crema recheos son doutro nivel , dignos da mellor pastelería do mundo. Cremosos e doces, pero nada empalagosos. ¡Desas sobremesas deliciosas que te fan perder o control¡

A receita admite o cociñado previo, sempre e cando conserves os canudos sen recheo, así que os poderás levar a túa mesa calquera dos días de celebración.

Biscoito de cabaza con chocolate branco

bizcocho de calabaza elaborado con huevos camperos Pazo de Vilane

De novo sacamos a cabaza ao campo de xogo, pero esta vez en forma de estupenda sobremesa. Podes preparar varios días antes das festas este biscoito de cabaza; consérvase perfectamente ata unha semana se o conservas envolto en plástico.

Tan só terás que preparar en horas previas a cobertura de chocolate branco: quentar, cubrir …e saborear.


Bandullo ou puding galego 

Bandullo, postre tradicional gallego navideño

¿Sobrouche algo de pan? Pois xa tes sobremesa para o teu menú de Nadal. Súmalle leite, pasas e piñóns, manteiga e a casca dun limón… e teralo listo nunha hora.

En Pazo de Vilane, o bandullo, un doce tradicional de cociña de aproveitamento ( ou de guerrilla, como tamén nos gusta chamalo) sérvese en case tódalas grandes celebracións. Por suposto, non pode faltar en calquer Noiteboa, Nadal ou Ano Novo que se precie.

Como ves, tes multitude de opcións para elaborar un menú festivo económico, sinxelo e moi resultón. Saca a túa mellor vaixela e decora a mesa coas mellores galas que a ocasión o require. ¡Feliz Nadal¡

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade