Ovo e diabetes: como introducilo na túa dieta e aproveitar os seus beneficios

Las personas con diabetes deben tener un control riguroso de su dieta. Té contamos qué debes saber sobre el huevo si eres diabético

Desayuno apto para diabéticos

É sabido que unha dieta saudable, controlada sempre por un médico, é fundamental para lograr un óptimo tratamento e boa calidade de vida do enfermo de diabetes. En xeral, e salvo casos concretos que debe determinar o facultativo, os ovos e a diabetes adoitan ser bos aliados, pois proporcionan proteínas sas e sinxelas de asimilar, moitas vitaminas e minerais e poucas graxas, xusto o tipo de nutrientes que necesita un diabético. Contén moi poucos hidratos de carbono ou azucres.

A diabetes é unha enfermidade crónica producida por unha alteración ou defecto no páncreas que causa unha segregación inadecuada da hormona insulina, encargada á súa vez de regular a cantidade de glicosa presente no sangue. Por iso esta patoloxía provoca un mal procesamento dos hidratos de carbono (é dicir, os glúcidos e azucres) e por tanto é grave se non se trata axeitadamente.

No caso da diabetes, tanto se é de tipo 1, tipo 2 ou calquera outro, o médico é o único encargado de controlar os niveis de azucre en sangue non só a través dun tratamento a base de insulina inxectada ou oral, se non dunha dieta e un réxime de actividade física para cada persoa, a fin de lograr un peso saudable e unha inxesta equilibrada dos distintos nutrientes.

Por tanto, o número de ovos e a súa presenza na dieta dun diabético deberán ser establecidos expresamente polo médico especialista, en función das condicións expresas de cada paciente.

Agora ben, como norma xeral e según a Fundación Diabetes, , o ovo é un bo alimento para a diabetes polas súas magníficas propiedades nutricionais, principalmente polas súas proteínas de alto valor biolóxico (son sinxelas de absorber polo organismo) e gran cantidade e variedade de vitaminas e minerais.

De todo o rico espectro de nutrientes do ovo, esta Fundación destaca as proteínas, a vitamina B12, a vitamina B2 e a niacina ou vitamina B· (achegan máis do 80% das cantidades diarias recomendadas)

Por iso , este organismo recomenda en térmos xerais “un consumo de 3 a 4 ovos por semana” sempre suxeito á supervisión e aprobación médica particular, como é lóxico.

Doutra banda, aconsella consumir o ovo cociñado e evitar preparacións co ovo cru para facilitar a absorción de micronutrientes e a asimilación das proteínas.

Os ovos no almorzo axudan a controlar a diabetes

Un recente estudo da University of British Columbia demostrou que substituír o típico almorzo occidental (xeralmente formado por torradas, avea, cereais, bolería é dicir, con elevadas porcentaxes de azucres e hidratos de carbono ) por un almorzo baseado en ovos-maioritariamente proteínas- contribúe notablemente a mellorar os índices glucémicos nos enfermos de diabetes e “quizáis a minorar outras complicacións motivadas pola diabetes”.

Segundo os investigadores canadenses, o almorzo é a comida máis crítica para un diabético do tipo 2, pois é a que adoita conducir aos maiores picos de azucre en sangue. Con todo, a achega de proteínas e de graxas saudables á primeira hora pode reconducir esta situación.

No experimento os participantes seguiron dúas dietas diferentes cunha única variante: a composión do almorzo. O primeiro día almorzaron unha tortilla; ao día seguinte , avea e algo de froita; en ámbolos casos as comidas e as ceas foron idénticas. Ademáis, foron controlados constantemente para establecer non só os niveis de glicosa senón os seus índices de fame, saciedade e desexos de comer algo doce.

Os resultados determinaron que este tipo de almorzo baseado en ovos evitaba o pico de azucre en sangue posterior e ademáis proporcionaba lecturas de glicosa moito máis estables durante as seguintes 24 horas. “Isto é algo moi positivo- apuntaban os investigadores- pois sabemos que as grandes oscilacións de azucre en sangue son perxudiciais para os nosos vasos sanguíneos , ollos e riles.

Ademáis , engadían que os resultados “suxiren beneficios potenciais de alterar a distribución de macronutrientes ao londo do día; isto é que se restrinxan los carbohidratos no almorzo e se faga unha comida e unha cea equilibradas, en lugar de distribuir uniforme e moderadamente os carbohidratos ao longo do día.”

Por certo, outro aspecto interesante desta investigación é que os participantes observaron que gracias a este almorzo baseado en ovos disminuía a súa sensación de fame antes das comidas, así como os “antoxos” de alimentos doces.

Por tanto, isto indica que introducir ovos no almorzo podería ser beneficios para calquera persoa, especialmente para mulleres preñadas ou nenos, son só para a que padecen diabetes. 

The University of British Columbia. Okanagan Campus

El médico interactivo

https://www.fundaciondiabetes.org/sabercomer/369/el-huevo

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade