Os hórreos da Ulloa

 

Foto: aulloaenfotos.blogspot.com

A Ulloa é a comarca galega na que se concentran un maior número de cabeceiras, un tipo de hórreo de forma circular e construído a partir de materiais vexetais. A súa orixe está na prehistoria, cando comezamos a practicar a agricultura recolectora e xurdiu a necesidade de gardar os froitos da colleita.

A finais dos 70, cando comeza o declive demográfico do rural en Galicia, detense case por completo o uso das cabeceiras. Hoxe consérvanse na Ulloa e na súa contorna grazas á tradición agraria minifundista, pensada para o autoconsumo. Eran consideradas “o hórreo dos pobres”, porque as usaban as familias que non tiñan recursos para construír un hórreo de pedra.

Nesta información de El Progreso podedes consultar máis información sobre esta construción. Hoxe son moi prezadas como elemento ornamental. De nós depende poñer en valor os recursos que temos no rural e devolverlle o seu uso orixinal.

hórreo Vilane

En Pazo de Vilane temos a sorte de contar cun hórreo na nosa finca. Durante moitos anos gardou o millo das colleitas que servía para alimentar aos animais. Recentemente puidemos restauralo e colocar as paredes en madeira que vedes na foto. O que non temos moi claro é que nos chegue para gardar o millo que necesitamos para todas as nosas galiñas 🙂