Miguel, chófer de Pazo de Vilane, el deportivista de pro

O seu traballo consiste en recoller os ovos das nosas leiras, levalos á Zona de Control de Calidade e Almacén e, unha vez listos, repartilos polas principais cidades de Galicia.

Ferrol, Vigo e Coruña forman parte da sua ruta así que, ademais de coñecer diferentes xentes e lugares, de cando en vez, ten a oportunidade de “alegrarse o día” contemplando a moderna silueta do novo Riazor, o estadio do seu amado equipo, o Depor.

Descríbenos que fas nun día típico…

Pois adoita comezar facendo a recollida dos ovos.

Pazo de Vilane ten numerosas leiras, e en todas elas hai pequenas granxas con galiñas: Estancos, Margada, Susnavas, Pintelas… De aí transpórtoos e déixoos no almacén, onde pasan o control de calidade e son empaquetados. Unha vez completo esta operación, recollo os ovos que xa están preparados para repartir e emprendo a ruta que me toque ese día.

Tes asignada gran parte da zona galega…

Si, xunto a Juan Carlos cubro toda Galicia. Útimamente encárgome das grandes cidades: Coruña, Ferrol, Vigo…

Miradoiro de Capela, na Ribeira Sacra. Para Miguel, este é un dos lugares máis fermosos de toda Galicia.

E que é o que máis che gusta do teu actual posto en Pazo de Vilane?

A actividade. O entrar e saír, é dicir, ir cada día a un lugar distinto, percorrer pobos, cidades… Cada vez atópome cousas diferentes. E teño a oportunidade de saudar a uns e a outros, de falar con moita xente. Aínda que empecei fai seis anos nas granxas, deseguido xurdiu a oportunidade de pasarme á estrada… E non o dubidei! Como che dicía, son de viaxar e ver mundo. 

Fálanos un pouco de ti e da túa familia…

Nacín en Antas de Ulla, xusto onde se sitúa Pazo de Vilane. Son o menor de sete irmáns; teño parella e vivo con ela en Padrón (Pontevedra). Non teño fillos –aínda son novo, 34 anos- pero si sobriños. Pódes imaxinar que, como son o pequeno da familia, a relación con eles é case como de irmáns. Gústame xogar con eles e inculcarlles os bos costumes, como ser deportivista.

Estadio Riazor. O “Dépor” é máis que un equipo para Miguel …

Sentes as cores, polo que vexo…

Desde logo, son deportivista de prol, e desde ben pequeno (ri)! Aínda lembro os días de celebración do Depor como dos máis felices da miña vida, como cando gañou a liga de 1999-2000, a Copa do Rey na tempada 2001-2002, ou as Supercopas de España nos anos 2000 e 2002. Eu era moi novo, pero teño esas xornadas moi vivas na memoria.

Fortaleza do Castro de Amarante, situada moi preto do Pazo de Vilane. Miguel recomenda que non o perdas se algunha vez visitas A Ulloa.

E gústache practicar fútbol ou só velo?

Tamén xogalo, botarme os meus partidillos… Antes da pandemia xogaba ao pádel e ao fútbol en Monterroso. Agora, por responsabilidade, só paseo polo campo. Pero volverei retomar esas dúas afeccións en canto todo isto acabe. Seguro!

Ti que viaxas tanto… Que lugar te parece o máis impresionante de Galicia? É da nosa comarca, A Ulloa?

É difícil isto que me expós, pero se tivese que escoller serían os Miradoiros da Ribeira Sacra. De verdade que che cortan a respiración.

E da Ulloa quedaríame coa Fortaleza de Castro de Amarante, un dos castelos máis famosos e bonitos de toda a comarca.

Miguel, por qué recomendarías os nosos ovos?

Pois porque os ovos camperos de Pazo de Vilane son como os “ovos de casa”, os que se producían outrora. É dicir, os que criaban case todos os nosos avós. E, ademáis, porque eu son testemuña de que chegan aos comercios fresquísimos, con moi poucos días de posta. Que calquera os probe en tortilla de pataca e compróbeo. ¡A min é como máis me gustan!