A membrana do ovo: unha barreira defensiva fronte a bacterias e virus

 

Xa sabes que un ovo está composto de xema, clara e casca. ¿Pero repararas en que ademáis está protexido por unha fina tea esbrancuxada na cara interna do cascarón? Segue lendo, porque te vas a sorprender das numerosas peculiaridades, funcións e posibles aplicacións da membrana do ovo. 

Díse que “a natureza é sabia” e a estrutura do ovo corrobóroa, porque estamos ante un alimento que ven protexido “de serie” polo seu propio envase protector, e dunha calidade inigualable, ademáis. 

Este envoltorio natural perfecto- pensado non só para protexer o interior do ovo, senón ao embrión cando o ovo é fecundado- está composto por varias capas. As máis importantes son a casca e as membranas do ovo. 

Centrarémonos nestas últimas. 

Membranas testáceas: dúas finas teas protectoras

As membranas testáceas son as finas teas semitransparentes que tapizan a casca no seu interior.

Sí, porque aínda que quizais non te deras conta antes, son dúas capas unidas, cada unha delas con estrutura e funcións diferentes.

Atendendo a súa posición, chámaselles membrana interna e externa, e ámbalas dúas se encargan de evitar que penetren as bacterias ou outros axentes patóxenos na clara e/ou na xema.

Estas dúas membranas testáceas están totalmente unidas cando o ovo está recén posto, que sale do corpo da galiña a uns 39ºC de temperatura (a da ave).

Con todo, deseguido comeza o proceso de formación da cámara de aire entre ambas, porque o ovo- ao contacto coa temperatura ambiente- arrefríase e contráese lixeiramente, e o aire comeza a penetrar e a separar as teas pouco a pouco.

Por iso, canto máis tempo transcurra desde a posta, maior será a cámara de aire e máis frescura perderá o ovo (ao disminuir o efecto protector das membranas).

No aumento da cámara de aire (que nunca debe ser superior aos 6 mm) tamén inflúe a pérdida de auga presente no ovo, que se escapa paulatinamente e en forma de vapor polos poros da casca. Por iso é aconsellable conservar os ovos na neveira unha vez chegan a casa, pois as altas temperaturas favorecen a evaporación.

Aínda que parezan semellantes, as membranas testáceas do ovo teñen diferenzas morfolóxicas. Así , a externa conta cunha estrutura máis porosa, para facilitar a fusión coa casca durante a súa formación. Pola súa parte, a membrana interna é rica en fibras de queratina e enzimas como a lisozima , especializadas en atacar e danar bacterias. 

A membrana do ovo, axente antiinfeccións

Como se dunha forte barreira policial se tratara, as membranas contan na súa composición química con elementos naturais propios para defender ao ovo de axentes infecciosos. De feito, a estos compostos antibacterianos (a lisozima , a fosvitina, algunhas moléculas, a antitripsina…) denomínaselles barreiras químicas da membrana do ovo pola súa recoñecida eficacia fronte ao virus e bacterias. 

Investigacións científicas e posibles aplicacións da membrana 

Dada a riqueza da membrana do ovo, son numerosas as investigacións desenvolvidas ata a data- con resultados máis ou menos concluíntes-encamiñadas a atoparlle usos médicos ou polo menos preventivos. 

Por exemplo, estase tratando de identificar cáles son exactamente os compoñentes da membrana que logran reducir a resistencia á calor, das bacterias, porque isto abriría a porta para poder reproducir este efecto en distintos tratamentos.

Tamén se traballa en coñecer mellor as propiedades preventivas da membrana e o seu potencial utilización en forma de complemento ou suplemento alimenticio. De feito, existe unha ampla liña de investigación científica centrada na mellora da artrosis e a dor articular en xeral a partir de suplementos da membrana do ovo.

Esta área de traballo céntrase no coláxeno, o ácido hialurónico, a condroitina e a xa mencionada lisozima da membrana para mellorar as articulacións.

Pero iso no é todo. Os científicos tamén estudan cómo aplicar a membrana do ovo en forma de apósito para mellorar feridas, úlceras ou chagas, E é que, dadas as súas propiedades repitelizantes e preventivas fronte a infeccións bacterianas ou víricas, pode ser unha firme alternativa aos actuais apósitos de coláxeno.

Fontes: 

Instituto de Estudios do Ovo

National Library of Medicine. National Center for Biotechnology Information

sciELO.org

¿Te interesou esta noticia? ¡Subscríbete ao noso boletín e recibirás un libro dixital de balde!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade