Mellores publicacións de redes sociais

As redes sociais seguíronnos dando momentazos durante os últimos meses, como xa che comentamos o mes pasado as publicacións seguen a lume de biqueira. Grazas a elas puidemos desconectar un tempo dos problemas do mundo real e distraernos para soltar unhas gargalladas en familia ou atopar receitas deliciosas para demostrar a nosa habilidade na cociña. 

En Pazo de Vilane gústanos publicar cousas todos os días para manter o contacto convosco e, de paso, darvos a coñecer moitas curiosidades e información tanto sobre os ovos campeiros como sobre as galiñas que coidamos con tanto esmero. Seleccionamos algúns dos posts que máis nos gustaron para compartir con todos vós e que pasedes un bo intre. Listos?

Á cociña con Pazo

Non é por presumir. Ou si, porque os nosos deliciosos e nutritivos ovos  camperos ben o merecen. Durante estas últimas semanas sorprendéstesnos usándoos para todo tipo de pratos e receitas. Desde as máis tradicionais ás máis sofisticadas, hai para todos os gustos!

Hai almorzos e almorzos pero este conquistounos completamente. Todo o que leva esta torrada con aguacate, ovo de Pazo, tomate cherry e aceite fai que se mesturen os sabores naturais no seu punto xusto para que nos saiba a gloria.

Un dos praceres da vida é a tortilla de pataca. Xa se poden poñer diante mariscos ou  chuletones, que o que gusta unha tortilla impoñerase por encima deles. Para aqueles a os que lle gusta pouco feita, esta foto subiraos ao ceo.

Desde a cidade de Vigo chéganos unha receita explicada paso a paso e con todos os ingredientes: quiche lixeira. Tan só tes que facerte con eles e poñer o mandil para preparar esta delicia que gusta a todos e é perfecta para que os peques coman verdura.

View this post on Instagram

??Quiche ligera ?? Versión ligera de una receta clásica y otra forma de que @richartecuack coma brocolí INGREDIENTES para dos personas 3-8 Hojas de masa filo 4 Huevos 200G de queso de untar light Tomates cherry 1/2 Cebolla morada 1/3 de brocolí Aceite de oliva, mantequilla o margarina para engrasar el molde Sal, pimienta y romero. opcional queso rallado para gratinar, cebolla en polvo y otras especies que te gusten. PREPARACIÓN: Engrasar el molde. Untar un molde apto para el horno. Cubir el fondo y las paredes con 3 hojas de masa filo mínimo, pero puedes poner hasta 8. Batir los huevos con sal y pimienta. Añadir el queso de untar mezclando enérgicamete hasta que se unifiquen. Verter la mezcla en el molde. Sumergir el brocoli cortado en trozos pequeños, por encimala cebolla cortada en aros. Encima de todo, los tomates cherry cortados a la mitad, sal pimentados y con romero. 40-50" al horno entre 180-200º *opcional, 10 minutos antes de sacarlo, añadir queso rallado Se podría hacer con masa de hojaldre o masa brisa, de hecho la masa filo tampoco es muy sana, pero es la mas ligera. Por eso he probado con 3 hojas para dos personas, que da la suficiente consistencia para poder cortar y servir, cantidad poco significativa en el total del plato ? . . . #recetasDeMalukita #malukitarecomienda #cocinillas #disfrutarcomiendosano #comersanonoesaburrido #comesano #recetasana #recetafacil #instafood #fitfood #cleanfood #healthyfood #healthychoices #eatclean #habitossaludables #megustacuidarme #homemade #feitonacasa #cousarica #PesarIngredientesEsUnRollo #quiche

A post shared by Malu Malukita (@malukasalvaje) on

Viaxamos agora a outro recuncho da nosa querida Galicia para coñecer un almorzo menos común. De feito, descríbeno como unha receita de cinema que enlazan con “Kramer contra  Kramer”. Todo listo para preparar french toasts ou torradas francesas con The Green  Adventure.

E rematamos o periplo polos vosos pratos e receitas cun vídeo sobre como preparar biscoito caseiro con, como non, os ovos campeiros de Pazo de Vilane. 

Para soltar unha gargallada

Como di o refrán “Quen de todo ri, ese é o que ben vive.” Nós somos expertos en sorrir porque a vida dános moitos motivos e tamén queremos compartir unha gargallada convosco así que seguide lendo que algunha se vos escapará con estas publicacións graciosas de ovos e galiñas.

Xa vos falamos varias veces de que as galiñas son animais moi intelixentes. Tanto, que ata sospeitan cando as cousas se poñen un pouco raras. Ese veciño non se vai a saír coa súa!

https://www.instagram.com/p/CBa1Na-hkJf/

Aquí podemos ver un galiñeiro en plena acción. Estas galiñas estano pasando mellor que moita xente, con música e atraccións e ata que o corpo aguante.

Xa que na corentena tivemos moito tempo libre, parece ser que hai algunhas persoas que ata lle ensinaron aos seus animais como xogar ao fútbol. Gustaralles este deporte ás pitas  de Pazo de Vilane?

https://www.instagram.com/p/CBZknk-Bem5/

E acabamos cunha curiosidade que tamén nos deixou a época de peche. Viaxamos ata Nova Zelandia porque nun barrio de Auckland víronse invadidos por galos e galiñas que aproveitaron a ausencia de humanos para facerse coas rúas.

De todo un pouco

Durante este último mes tamén vimos como algúns dos gañadores do noso concurso de reutilización das caixas de ovos de Pazo de Vilane 1 idea, 1 árbore   recibían os seus agasallos. É o caso de “La Hormiga Tenaz” e a súa maleta viaxeira que aproveitaron para ensinarnos a súa proposta e tamén o completo lote dos nosos produtos que recibiron na súa casa.  

Tamén colaboramos cunha publicación do xornal ABC sobre as verdades e mentiras do ovo e a cantidade recomendada de consumo. Grazas ás palabras de Piedade Varela-Portas, a nosa Directora de Comunicación e Marketing, puidemos deixar claro que se poden consumir ata sete ovos por semana sen que teña repercusións na nosa saúde.

Cal é a vosa favorita? Nós non podemos escoller porque nos gustan todas. Como tamén nos gusta coidar das nosas galiñas criadas en liberdade. Grazas a elas podemos ofrecervos un ovo campeiro de alta calidade que lembra ao sabor de sempre, ao ovo da casa. Lembra que podes atopar os nosos produtos nas principais cadeas de distribución e no teu comercio de proximidade.