Marcos, encargado da granxa de Santa Cristina: “Que as galiñas estean fóra, repercute na calidade do ovo”

Hoxe queremos achegarnos e que coñezades unha das granxas que traballan con nós. Está en Santa Cristina, Carballedo (Lugo); a 40 minutos de Pazo de Vilane. O seu encargado é Marcos. Con el falamos sobre o seu traballo, sobre como coida ás galiñas que producen os nosos ovos campeiros, ou sobre como é vivir nunha pequena aldea galega. En Pazo de Vilane queremos contribuír ao desenvolvemento da nosa contorna, pór o noso gran de area para que a xente nova teña a oportunidade de vivir e traballar no rural. A entrevista con Marcos forma parte dunha serie de vídeos cos que formaremos o mapa das granxas que traballan con Pazo de Vilane. Demostrarémosvos que a nosa contorna, as aldeas e o rural galego, están cheos de recursos naturais e humanos que debemos pór en valor.