Juan Carlos Vázquez Sánchez, o chófer aventureiro de Pazo de Vilane

Aos seus 48 anos, Juan Carlos Vázquez Sánchez, levou unha vida viaxeira, chea de anécdotas e aventuras internacionais. Casado con Mar Abelairas, operaria de almacén de Pazo de Vilane, este bilbaíno de nacemento (pero lucense polas súas raíces familiares e por suposto de sentimento) percorreu media Europa manexando un gran volante.

Definitivamente, a súa vocación podría resumirse na soada canción de Loquillo: “Yo para ser feliz quiero un camión”.

Juan Carlos, non o negues, naciches para ver mundo… 

Sí o meu é conducir. Non o cambiaría por nada, encántame moverme de aquí cara alá. En Pazo de Vilane o meu actual roteiro abarca A Coruña, Santiago e algunhas outras cidades galegas.

Pero antes de entrar na empresa traballei por toda Europa: percorrín Holanda, Bélxica, Alemania, Suecia…

A Juan Carlos o que máis lle gusta do seu traballo é a actividade constante e poder coñecer lugares e persoas moi diferentes todos os días.

Seguro que terás mil anécdotas divertidas...

Desde logo, sobre todo á hora de xantar. Pero como con iso non se xoga, trataba de ir sen risco e pedía “bistec” que é unha palabra internacional (rí). De todos os xeitos, o método de sinalar co dedo e dicir: “¡iso¡” tamén adoitaba funcionar.

O que máis me gustaba de viaxar ao extranxeiro era a aventura: conducir durante horas por paisaxes incribles, ver cidades preciosas, coñecer a xente moi distinta, resolver situacións noutro idioma…

Hai que ver o que che moviches, E desde pequeno!

Sí non parei. O meu pai é galego, pero emigrou a Inglaterra de novo, para traballar. Logo volveu á terra e foi entonces cando coñeceu a miña nai. Casaron e fóronse a vivir a Bilbao, en busca outra vez de traballo. Foi alí onde nacín eu.

Cando viaxaba por toda Europa, Juan Carlos tiña os seus trucos lingüísticos para asegurar unha boa comida …

Pero volviches

¡E que eu me considero de aquí¡ Os veráns e vacacións pasábaos na Ulloa, e vinme a vivir moi novo cuns 21 anos. Saqueime o carné de conducir, despois os carnés profesionais e empecei a traballar. Por esa época coñecín a unha rapaza (refírese a Mar, a nosa operaria de almacén) e formamos unha familia, aquí a beira de Pazo de Vilane. Vivimos a un kilómetro e medio; podo vir andando ó traballo. 

¿Cómo están os nenos?

¡Pois moi grandes¡ O maior ten 19 e xa está na Universidade, estudiando Maxisterio. A pequena, que ten 10, todavía no cole. 

¿E tí, cómo andas das costas?

Moito mellor. Tiven un problema de ciática e vinme obligado a estar de baixa. Pero con moito reposo e o tratamento, mellorei. Xa estou reincorporado; encantado de estar en marcha outra vez. 

Seguro que o pasaches mal. Tendo que estar quieto , tal como es…

Algo sí , a verdade. Menos mal que me encantan o fútbol e a tele, e con iso entretíñame bastante. 

As cores de Lugo; un dos grandes “amores” de Juan Carlos.

Os teus partidiños televisivos as fins de sema que non chos quiten…

¡Iso, iso¡ Xa sabes que son forofo do Lugo e do Barca, sobre todo do primeiro. O fútbol lucense non fai máis que darme alegrías desde fai 10 anos, cando subiu a segunda. ¡Estamos lanzados¡ Ainda por riba estamos moito mellor que o Depor, co cal podo picar a gusto a Miguel ( o seu compañeiro, o outro chófer de Pazo).

¿Qué é para ti Pazo de Vilane?

É a miña empresa, síntoa como miña. Imaxínate, boa parte da miña familia traballa aquí. A miña muller, Mar; a miña cuñada, Ana.. Ata a miña curmá Bego que é a cociñeira do Pazo ¡famosa no mundo enteiro polas súas receitas¡ (rí). O mellor de Pazo de Vilane é o seu trato humano, púideno comprobar durante a miña baixa. 

¿E cómo te ves dentro de 5 años?

¡Pois máis vello¡ Non, en serio, o meu desexo sería que todo continuara igual, coa tranquilidade. Os dous traballando aquí e con prosperidade e saúde. Os nenos xa encauzados…

Unha deliciosa tortilla española feita por Bego, curmán de Juan Carlos, con ovos de Pazo e cachelos.

Juan Carlos, non nos podemos despedir sen que me digas o teu prato preferido con ovos…

Pois sen dúbida, a tortilla de patatas , pero feita con cachelos e ovos camperos do Pazo, das nosas galiñas galegas. ¡Reto a quen queira a superala¡