Descubrindo ás galiñas: galiña pita pinta

 

Presentámosche á pita pinta, unha raza de galiña de plumaxe orixinal e moi chamativo, que capta todas as miradas polo seu curioso manchado.

Esta asturiana polos catro costados (ten selo de calidade de raza 100% autóctona e probablemente descende de galiñas ancestrais de tronco atlántico) está adaptado á perfección aos distintos microclimas do Principado, pois é rústica e pouco delicada.

¿A qué se debe o manchado da pita pinta?

Foto: Asociación de Criadores de Pita Pinta Asturiana.

Ao contemplar unha galiña pita pinta, podríase pensar que o seu manchado ou xaspeado é aleatorio, pero tras unha observación máis próxima apréciase que na adulta a pluma é negra salvo no seu extremo, de cor branco.

Por iso, moitas veces é a forma da pluma e a colocación en cada parte do corpo da ave o que da lugar á trama ou caprichoso debuxo do seu manto.

De feito, a peculiaridade das súas plumas fai que sexan moi apreciadas para facer adornos, ou incluso moscas de pesca artificiais.

O Ministerio de Agricultura (MAPA), aclara que pode haber “ “catro variedades distintas” dentro desta raza dependendo da combinación xenética dos cores da súa capa.

¿E de qué color son os ovos da galiña pita pinta?

¡Boa pregunta¡

Probablemente saibas que as galiñas de plumaxe claro poñen ovos brancos, mentres que as de plumaxe oscuro ou pardo, ovos morenos. Pero sendo a galiña pita pinta tan xaspeada (nin negra nin branca) é lóxico ter dúbidas.

Pois ben, os seus ovos son dun bonito cor crema claro (ou tostado) menos intenso que os das galiñas con plumaxe oscuro. De momento é raro encontrar estos ovos fora de Asturias, así que aproveita algún viaxe ao Principado para probalos, pois son toda unha delicia.

A pita pinta é unha poñedora mediana, que se cria en semiliberdade e en explotacións extensivas (o sistema de producción de Pazo de Vilane). É unha galiña moi rústica, forte, que pon uns 160 ovos ao ano (duns 65 gr de peso cada un).

Cando é cruzada (e non se emprega só como poñedora)destaca por ser unha gran nai- ten un carácter moi protector cos seus pitiños- e ademáis é moi fértil. Calcúlase que o 75% dos ovos incubados, de media, saen adiante, un bo porcentaxe se o comparamos con outras razas.

Os galos da raza pita pinta chegan a alcanzar un peso de 3.75kg mentres que as femias son máis miúdas: apenas 2.25kg de media. As cristas son sencillas e as patas, de cor amarelo. Os tarsos son moi curiosos: igualmente amarelados pero con manchas negras.

A pita pinta, en proceso de recuperación

Foto: Asociación de Criadores de Pita Pinta Asturiana.

Segundo apunta o Ministerio de Agricultura, a galiña pita pinta está en perigo de extinción, pero desde 1980 estase tratando de recuperar a estirpe.

Foi nese ano cando o veterinario e biólogo Rafael Eguiño Marcos percorreu por motivos laborais boa parte do Principado de Asturias, visitando lugares apartados.

Nesas viaxes a zonas rurais Eguiño identificou exemplares soltos de pita pinta, con características fenotípicas definidas que non se correspondían a estirpes melloradas ou híbridos comerciais. Os gandeiros chamaban a estas galiñas tan singulares “les pites d’enantes”.

Nas súas investigacións, Eguiño diferenciou catro grupos distintos que máis tarde formarían as variedades pinta, roxa, negro abedul e branca. A primeira, a pinta , é a que da nome á raza e probablemente procede dun fenotipo ancestral.

A Asociación de Criadores de Pita Pinta Asturiana é a entidade que actualmente e desde 2003 leva o libro xenealóxico da raza e fomenta a súa cría e recuperación. Integra a uns 52 criadores e rexistra algo máis de 3.500 exemplares, segundo os seus derradeiros datos publicados. Considérase que unha raza de galiñas se alexa do perigo de extinción cando supera a cifra das 10.000 aves.

Gracias aos traballos de recuperación e clasificación deste veterinario, hoxe en día podemos gozar dunha galiña realmente orixinal e cun grande futuro por diante.

Fontes:

Ministerio de Agricultura (MAPA)

Asociación de Criadores de Pita Pinta Asturiana