Galiñas en liberdade, e á sombra

Cando chove queixámonos porque chove, aínda que sabemos que é necesario para coidar unha contorna natural única na que temos a sorte de vivir e traballar. Ás galiñas gústalles o bo tempo, pero non lles gusta que o sol lles de directamente. Prefiren as zonas de sombra e as temperaturas suaves. Que podiamos facer en Pazo de Vilane para garantir o seu benestar?

[Best_Wordpress_Gallery id=”12″ gal_title=”Malla protectora”]

Para que as galiñas estean cómodas dentro do galiñeiro, para controlar que haxa a temperatura adecuada, e para contar con zonas de sombra nas que poidan alimentarse e moverse con tranquilidade ao aire libre, decidimos instalar mallas de sombreado. Nas fotos podedes ver a Fernando, responsable do coidado das galiñas, acabando o traballo nun dos galiñeiros.

Árbore Pazo de Vilane

Contar con zonas de sombra que creamos coas mallas ou, moito mellor, coas árbores que plantamos como parte da campaña “1 idea, 1 árbol”, é unha das tarefas principais para garantir o benestar das galiñas e a calidade dos ovos campeiros.