Descubrindo ás galiñas: galiña Cochinchina

Traemos una nueva raza de gallinas y en esta ocasión le toca el turno a la gallina Cochinchina, una raza grande y con unas patas muy peculiares.

Gallina cochinchina

A galiña Cochinchina encántanos por dúas pecualiaridades propias: o seu gran tamaño (adoitan superar os 4 kilos) e a plumaxe das súas patas, que nos fai rememorar os pantalóns campá dos anos 70.

En efecto, a Cochinchina é unha das razas de galiñas máis grandes do mundo. Orixinaria de China (nos seus inicios chegou a chamarse ave de Xangai) importouse na época colonial inglesa do XIX (entre 1840 e 1850) a distintos países de Europa e a Norteamérica, onde rapidamente triunfou pola súa orixinalidade e carácter apracible e dócil.

A súa singularidade axudou a espertar neses anos decimonónicos en Occidente un interese notable pola cría de aves (máis ou menos exóticas), o que se chamou a “Febre da galiña”. Sobre todo entre os máis sofisticados, era común facerse traer de Oriente obxectos, animais, plantas e todo tipo de obxectos decorativos- mesmo se adoptaron estilos artísticos – para recrear o luxo e a espectacularidade dos palacios asiáticos.

Entre outras moitas rarezas e excentricidades era habitual ver lustrosas e espectaculares galiñas cochinchina paseando polos coidados xardíns  das grandes casas francesas e inglesas.

Do mesmo xeito que naquela época, tampouco hoxe en día non adoita empregarse a Cochinchina como galiña de posta en granxas (aínda que non é mala poñedeira, existen outras razas máis especializadas e rendibles) senón máis ben como ave de exhibición ou de compañía, pola súa espectacularidade e bo porte.

Gallina cochinchina negra

Primeiras referencias históricas

A primeira referencia da galiña Cochinchina da que se ten noticia é de “The Standard of Excellence in Exhibition Poultry”, do Poultry Club de Londres de 1865

Xa entón se describían as posibles variacións de cor das galiñas cochinchinas: grisáceas, alimonadas (lemon cochins) grises-prata, canelas, canelas prateadas, blancas e negras. Hoxe en día pódense atopar ademáis, galiñas cochinchinas douradas aperdizadas, cuclillos, negras moteadas en branco ou incluso leonadas.

O mesmo manual inglés xa facía referencia entón á especial particularidade das patas emplumadas destas galiñas xigantes: “ máis ben curtas, moi grosas e osudas, moi separadas, ben emplumadas por fóra, ata cubrir os dedos”.

Ainda que xa mencionamos que esta galiña non se emprega para a posta avícola, sí daría abundantes ovos, grandes e de cor marrón suave,  a calquera familia ou pequena granxa de autoconsumo que quixese criala. Ademáis as Cochinchinas son boas incubando-precisamente polo seu carácter tranquilo- polo que en ocasións admiten incubar ata ovos doutras especies. Como de pava ou de pata.

Os poliños son xeralmente fortes cando saen do cascarón e nacen cun día máis de incubación que o habitual: 22 en lugar de 21.

A carne destas galiñas, é de textura grosa e moi escura, polo que non ten un gran valor.

Crianza das galiñas cochinchinas

Non son razas excesivamente robustas; pero ben criadas poden chegar a vivir varios anos. As principais patoloxías que poden sofrir son relativas ao metabolismo e ao corazón, agravadas ambas polo seu excesivo sedentarismo.

E é que o seu carácter pacífico faias ser ás veces excesivamente preguiceiras. Para vencer este vicio, nada mellor que proporcionarlles un prado de herba curta non moi húmida e animalas suavemente a pasear por el.

Se se adentran en terreos de vexetación espesa e húmida poden sofrir danos nas patas (ao mollarse as plumas). Así pois, evita que frecuente sitios embarrados se adoptaches unha galiña cochinchina. Tampouco as deixes expostas ao frío, a neve ou as choivas.

Iso sí, non é necesario que dispoñas dun galiñeiro grandísimo (pois adáptanse moi ben a vivir algo apertadas con outras compañeiras) nin con valados moi altos, xa que non voan moito máis alá dos 2 metros. E doutra banda toleran ben a mestura con outras razas, polo seu xa mencionado afable carácter.

Fontes: 

The Standard of Excellence in Exhibition Poultry

¿Te ha interesado esta noticia? ¡Suscríbete a nuestro boletín y recibirás gratis un libro digital!

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade