Descubrindo ás galiñas: galiña andaluza azul

Gallina andaluza azul

En Pazo de Vilane non fabricamos ovos, coidamos galiñas e encántanos coñecer todas as razas que hai. Por iso cada mes presentámosche unha raza nova e descubrimos as súas características e datos curiosos. O mes pasado coñecemos á galiña negra que, como o seu propio nome indica, é totalmente negra desde as súas garras ata o seu pico. Hoxe, presentámosche unha galiña fina e bastante antiga: a galiña andaluza azul

Esta raza orixinouse na rexión de Andalucía, de onde provén o seu nome, pero hai quen afirma que foron os Ingleses os que a partir de mesturar razas negras españolas crearon esta raza. O que si se sabe é que sempre foi unha raza coñecida en Inglaterra e Estados Unidos. Trátase dunha raza antiga e moi robusta. Moi encomiada no estranxeiro pola súa beleza, elegancia e unha cola azul rechamante.

Non se coñece a historia real da galiña andaluza pero segue os patróns do resto de galiñas mediterráneas, con lóbulos nas orellas brancas e ovos grandes. Foron importadas sobre 1846 a Inglaterra e en 1851 foron levadas a América. En 1874 recoñéceas a Asociación de Aves como un patrón de raza. Son frecuentes nos galiñeiros rurais das provincias andaluzas e nos arredores de Xibraltar. O seu principal característica é o azul da súa plumaxe, resultado de cruzamento de razas de cor negra con brancos, e a súa plumaxe cor lousa. 

Características da galiña andaluza azul

É de tipo mediterráneo de talla mediana, figura alta e tronco delgado. Está cuberta de plumas que permite á galiña a que se protexa da calor, o frío ou a choiva. Distínguese o sexo do animal grazas á súa crista e barba, asociado tamén ao cortexo. Estímase que teñen entre 10 e 12 anos de vida e teñen fama de ser un ave territorial e xerárquica.

galiña andaluza azul con pitos

De plumas bastante longas e suaves, teñen ovos de cascarón branco e poñen ao redor de 160 ovos ao ano. Pesan 3,5 quilos e trátase dunha galiña de dobre propósito. Non só son poñedeiras, tamén teñen unha carne exquisita, como a galiña Sussex. Chama a atención o  ribete negro en cada unha das súas plumas. É unha galiña cobizada e popular, cuxas crías poden ser ao redor de 50% azuis e outros 50% brancos e negros. Pescozo longo,  arqueado e unha cola longa e aberta cun ángulo de 35º. En Inglaterra chamou a atención polo seu gran tamaño así como polo dos seus ovos. 

As galiñas e ovos de Pazo de Vilane

Encántanos falar de galiñas e que sigas coñecendo máis. Falámosvos de distintas razas de galiñas, a súa procedencias e características xerais. Pero sen dúbida nosas favoritas son as que viven en Pazo de Vilane: Isa Brown e Lohmann. Viven nas leiras de Pazo de Vilane cunha alimentación rica en cereais de calidade e herbas que comen nos seus paseos diarios. 

O resultado: ovos campeiros de cor marrón tenue, moreno e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén desta alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada. Lembra que podes conseguir os nosos ovos nas principais cadeas de distribución.