Descubrindo ás galiñas: Galiña Americana Anana

Foto- Granja Santa Isabel

 

As galiñas son a razón de vida de todos os que formamos a familia de Pazo de Vilane. Por iso, cada mes estamos a darte a coñecer unha raza nova de galiña de todas as que hai no mundo. Hai moita variedade debido a que co paso do tempo diversificáronse as especies e tamén se mesturaron outras moitas.

Na súa procedencia xeográfica podemos diferenciar entre galiñas asiáticas, mediterráneas e norteamericanas ou atlánticas. Tamén se distingue entre pura raza e a raza cruzada, atendendo á súa orixe.

En Pazo de Vilane, onde non fabricamos ovos, coidamos galiñas, contamos principalmente con dúas razas: Isa Brown e Lohmann. Pero hoxe ímos a descubrir unha raza moi peculiar, que seguramente non sabías como se chamaba ata o de agora. Imos contarche todo sobre a galiña americana anana.

A orixe da raza galiña americana é incerto. Trátase de galiñas ananas resultado da mestizaxe de varias razas, que non se sabe en que momento exactamente xurdiron. Moitas veces se as coñece polo nome coloquial da súa orixe, sendo as máis coñecidas as kikas e as pitirras.

Características da galiña americana anana

As galiñas americanas deste tipo, adoitan destacar pola súa facilidade para poñerse cluecas. Debido a esta característica, úsanse para incubar, non só os seus propios ovos senón tamén os doutras galiñas e aves de curral. É coñecida polo seu bo instinto maternal. En cambio, non son coñecidas por ser grandes poñedeiras. É dicir, a cantidade de ovos que poñen non é elevada pero si poden sacar varias nidadas por cada ano. Tampouco  son consideradas boas para proporcionar carne debido ao seu tamaño. 

En canto ás características físicas das galiñas americanas ananas, teñen un peso duns 0,6 quilogramos. Pódelas distinguir porque teñen as ás bastante caídas e preséntanse en diferentes cores: desde tons escuros pasando por cores terra ou tamén moteadas. En canto ás súas plumas, son anchas e cinguidas ao corpo, formando unha densa plumaxe. Teñen un carácter algo nervioso e son vigorosas e inquietas. Gústalles ser independentes.

Moitas veces destínanse a uso ornamental por amantes das aves. Debido a que son de menor tamaño que outras razas, as galiñas americanas ananas son aptas para xardíns ou para pequenos currais. Considéranse aptas para aqueles amantes da avicultura que están a empezar, porque son aves afeitas á domesticación e que non requiren coidados extremos.

As galiñas de Pazo de Vilane

Como comentábamos ao principio, en Pazo de Vilane temos dúas razas diferentes de galiñas que viven en liberdade e saen cada día para pastar ao aire libre nas nosas granxas.

A galiña Isa Brown destaca por ser considerada a mellor poñedeira de ovos marróns mentres que a Lohman é coñecida polos seus ovos de calidade.

Grazas a elas e ao esforzo diario de todas as persoas que traballamos en Pazo, conseguimos que cheguen ata os vosos fogares uns ovos camperos da máxima calidade. Se non os atopas, pregunta na túa tenda por eles, polos ovos do Pazo. Deixámosche tamén aquí un buscador para atopar todos os establecementos que os venden.