A Feira de Santos de Monterroso

Aínda que nos últimos anos a importación de Halloween ten cada vez máis adeptos, a orixe do día de Todos os Santos parece remontarse ao século VIII e parece moi relacionada coa festividade de orixe celta denominada Samaín.

Nesta data, cada 1 de novembro, celébrase a Feira de Santos no noso veciño concello de Monterroso, situado na comarca da Ulloa, está considerada unha das máis importantes de Galicia. Existen probas documentais de que este mercado agrícola e gandeiro celébrase desde o ano 1450, aínda que a súa orixe podería ser incluso máis antigo.

Cada ano, máis de 100.000 persoas asisten a unha cita que ofrece arredor dun millar de postos de venda de produtos típicos: queixos, castañas, mel, carne, doces… e unha gran variedade de postos onde degustar polbo “á feira”, ademais acóllense actuacións musicais.

En definitiva, a Feira de Monterroso é unha parada obrigatoria para calquera persoa á que lle interese a cultura e tradicións de Galicia

<< se ti viras o que eu vin 
alá arriba en Monterroso;
vintecinco xastres xuntos,
a cabalo dun raposo>>
(canción popular)