Pazo de Vilane, o Diseño Galego como motor de innovación empresarial

¿Sabías que a caixa de Pazo de Vilane- a nosa premiada “caja de la gallinita”- é unha recoñecida obra do Diseño Galego Contemporáneo? Este movemento naceu nos anos 70 e recolle a larga tradición de grandes artistas visuais industriais que surxiron en Galicia a finais do XIX e principios do XX.

¿Queres coñecer as principais claves do Diseño Galego Moderno?

Galicia é unha terra de artistas, eso ninguén o dubida. Nas últimas décadas tamén o diseño galego de producto, diseño industrial ou gráfico é unha parte esencial do arte contemporáneo que brillou con luz e personalidade propias desde finais do XIX e principios do XX con artistas tan emblemáticos para a cultura galega como Luis Seoane ou Isaac Díaz Pardo co Laboratorio de Formas de Galicia.

Industrias como a Real Fábrica de Sargadelos, o Balneario de Mondariz, Chocolates Matías López (a terceira chocolataría europea, tras Nestlé e Lindt), as conserveiras Curbera, Calvo, Bernardo Alfageme Pérez (Miau) ou a cervexeira Estrella de Galicia confiaron en talentosos diseñadores galegos que lograron coas súas gráficas plasmar os diferentes conceptos de marca en exitosas líneas comerciais.

Pazo de Vilane tamén é froito deste patrimonio creativo que alimentaron e siguen nutrindo os novos artistas visuais galegos. A caixa de ovos camperos de Pazo de Vilane, así como o seu “logotipo” diseñados en 1997 polos diseñadores do Grupo Revisión Diseño con Pepe Barro, Lía Santana e Xosé Salgado á cabeza; foi e é 25 anos despois , un referente nos lineais de supermercados en España.

O seu diseño foi galardoado e exposto en varias ocasións en lugares, como o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Signos do Siglo. 100 anos de diseño en España), o Círculo de Belas Artes en Madrid, MARCO Museo de arte contemporáneo de Vigo, Oporto, Feira Industrial de Delhi ou o Auditorio de Galicia e galardoada nos Best Pack 2014 no marco da feira Alimentaria.

Por sorte, hoxe en día Galicia crece na conciencia desta riqueza cultural propia e se multiplican as iniciativas, como exposicións ou publicacións especializadas compilatorias, cuxo fin é  preservar esta parte do acervo cultural visual galego. Unha delas, entre outras, é a Fundación Didac en Santiago de Compostela, así como a Editorial Dardo, que coas súas accións e publicacións leva a cabo unha labor extraordinaria de definición do Diseño Galego, favorecendo a súa expansión e visibilidade.

Exposición Formas do Deseño. Galicia XXI

En 2019 tivo lugar a Exposición, Formas do Deseño. Galicia XXI, coproducida polo Auditorio de Galicia e a Fundación Didac e a cargo dos comisarios David Barro e Mónica Maneiro.

O seu obxetivo era amosar o potencial creativo galego no ámbito do diseño nas últimas décadas, incluindo os novos valores e figuras máis destacadas.

En esta muestra, que ahora se puede recordar a través de su catálogo, tivo lugar destacado a pléiade de artistas gráficos galegos que surxiron entre os anos 70 e 90.

Os comisarios destacan que “foi nesta treintena cando comezaron a traballar en Galicia un grupo de profesionais do diseño que por primeira vez tiñan conciencia de selo. Eran especialistas interdisciplinarios que producían traballos visuais dentro dunha moderna encrucixada cultural e industrial que impulsaban algúns empresarios máis visionarios.”

Na mostra Formas do Deseño, Galicia XXI concedeuse un lugar destacado ao Grupo Revisión, creadores da caixa de Pazo de Vilane e doutras grandes obras do diseño, como o Cuponazo da ONCE (1987) , o logotipo de Edicións Xerais de Galicia (1989) ou a identidade corporativa de Turgalicia (1993).

Precisamente, no catálogo da mostra cítase como “paradigmático” o traballo da caixa de ovos camperos de Pazo de Vilane e como “potencial motor que o diseño pode ter na imaxe e competitividade comercial dunha empresa”.

A caixa non só reflexa todas as cualidades dos nosos ovos camperos (liberdade, artesanía, sostibilidade,    o mundo rural, a natureza e as cousas feitas como antes, amodo e con coidado) senón que se convertiu no noso maior signo de identidade.

O Deseño como motor. Casos de éxito en Galicia.

Tamén a Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración coa Fundación DIDAC, faise eco desta importante corrente de diseño industrial e de producto galego como elemento de competitividade, e recolle nas súas exposicións e publicacións os casos de éxito dos derradeiros anos. Mostras que tiveron un lugar destacado na Porto Design Biennale.

Posteriormente, a expo quedou reflexada nunha publicación moi coidada, na que aparecen 70 casos de éxito de diseño galego, con exponentes tan recoñecidos como Cabreiroá, Casa Grande de Xanceda, Knitbrary, Santos, Estrella Galicia, Adolfo Domínguez, Mondariz, Paco & Lola, Sargadelos, Castrobrey, Castrosua ou Frinsa.

Xunto a estes grandes, figura na páxina 198 o paradigma da caixa de Pazo de Vilane, que foi capaz de plasmar (todavía hoxe o fai) o concepto entonces novedoso de galiñas en liberdade, “desencadeando unha tendencia e en consecuencia moitas imitacións”, según apunta a publicación de GAIN.

Sen dúbida, a caixa representa o exemplo perfecto de “cómo o diseño pode  ser o motor de desenvolvemento, innovación e competitividade dunha empresa.”