Día mundial do ovo

Todos los años en octubre, rendimos homenaje a través del Día Mundial del Huevo a un alimento súper nutritivo, barato, sanísimo y asequible

Concurso el huevo justo

Tódolos anos, o segundo venres do mes de outubro, rendemos homenaxe a través do Día Mundial do Ovo a un alimento super nutritivo, barato , sanísimo e asequible. Como non podería ser doutra maneira, desde Pazo de Vilane, a primeira granxa de ovos camperos de España (fundada en 1996) tamén queremos achegar o noso graniño de area a esta merecida celebración.

¿Cómo e cándo xurdiu o Día Mundial do Ovo?

O Día Mundial do Ovo naceu en 1996 por iniciativa da Comisión Internacional do Ovo (IEC) , fundada en 1964, para promover o consumo deste super alimento e difundir o seu gran valor nutricional. Por tanto, en 2021 cúmprense 25 anos da súa celebración, asimesmo en coincidencia co 25 aniversario de Pazo de Vilane.

A intención da IEC era dar visibilidade aos mensaxes sobre o ovo que as Nacións Unidas, a través da FAO, xa difundía en aquelas datas, isto é , que o ovo é o alimento máis nutritivo que existe despois da leite materna. É rico en vitaminas, minerais, proteinas de sinxela absorción, antioxidantes, aminoácidos esenciais e ácidos graxos que preveen ducias de enfermidades e benefician á saúde en moitos diferentes aspectos.

O ovo é un alimento fundamental en calquer dieta, polos seus nutrientes e excelentes propiedades, que todos deberiamos redescubrir. Por iso, en Pazo de Vilane sempre nos gustou apoiar o Día do Ovo, porque nos serve de altavoz para concienciar á poboación acerca dos seus beneficios. O ovo campero é sanísimo, económico e ao alcance de tódalas familias, ademáis de sabroso e moi versátil na cociña” apunta Piedad Varela-Portas , socia e directora de Comunicación e Marketing de Pazo de Vilane.

¿Cómo celebramos o Día Mundial do Ovo 2021 en Pazo de Vilane?

Para toda a plantilla de Pazo de Vilane o Día Mundial do Ovo é moi especial. Tódolos que traballamos nesta casa somos grandes amantes da cociña con ovos. A Basi gústanlle á prancha, a Rafa, en arroz á cubana ou en flan casero,David Barrio prefire a tortilla con pimentos, queixo e cebola… E prácticamente a todos nos enamora a tortilla de pataca.

Este ano 2021 decidimos celebralo con todos vós. Para iso propoñemos un sorteo nas nosas redes sociais. ¡Participar é moi sinxelo¡ Só debes entrar no Facebook ou Instagram, seguirnos- se é que todavía non o fas e etiquetar ao amigo co que compartirías o premio. Entre tódolos participantes sortearemos o que máis os gusta :¡16 ducias de ovos en Facebook e outras tantas en Instagram! 

Ovo campero: a maneira máis agradable de estar ben nutrido

Tres huevos morenos sobre mesa de madera

Quizá aínda non o sabías, pero o ovo campero é un dos alimentos máis completos que existen, xa que ten un valor nutricional extraordinario. É riquísimo en vitaminas, minerais, aminoácidos e antioxidantes, entre outros nutrientes.

Ademáis, as súas graxas son saudables, é moi saciante e aporta poucas calorías. A isto hai que engadir que as súas proteínas son das máis fácilmente asimilables (ou biodisponibles,ou sexa, moi absorbible e utilizables polo corpo humano)  o que supón unha enorme ventaxa para nenos, embarazadas, persoas maiores e convalecentes.

Precisamente, o Día Mundial do Ovo 2021 está dedicado a difundir non só a gran versatilidade do ovo na cociña, senón os múltiples beneficios que comporta para a saúde das persoas nas distintas etapas das súas vidas, desde a nenez ata a vellez.

De feito, a comunidade científica está dacordo en afirmar que o ovo é un alimento perfecto para cubrir as necesidades especiais destas etapas, así como os requerimentos de deportistas ou persoas con obesidade que deben seguir dietas baixas en calorías ou ao mesmo tempo saudables.

Transformando un trociño do mundo a través do ovo campero

En Pazo de Vilane pensamos que pequenos xestos , sumados, conseguen grandes metas. En 1996 (xusto o ano en que se comezou a celebrar o Día Mundial do Ovo) decidimos embarcarnos na aventura de criar galiñas camperas ao aire libre, con acceso a demanda de pastos frescos e verdes (que en Galicia é todo o ano, incluíndo o verán).

Foi así como fundamos Pazo de Vilane, con 50 galiñas e moita ilusión por sacar adiante un proxecto familiar asentado en 5 valores: emprego rural e emprendemento, desenvolvemento rural, bienestar animal, procesos de traballo e produción sostible e recuperación do patrimonio histórico.

Estábamos convencidos de que a partir dos ovos camperos podíanse facer grandes cousas… Incluso transformar o mundo que nos rodea.

Vintecinco anos despois dos nosos comezos todavía nos queda moito por aportar, construir, crecer… e soñar.

Para nós o ovo non é só un alimento, senón unha forma de vida ou unha palanca para cambiar un trociño do noso mundo.

Día Mundial do Ovo: altavoz da Iniciativa Mundial para os ovos sostibles

Agora que coñeces os nosos valores fundacionais, poderás imaxinar que o Día Mundial do Ovo é para Pazo de Vilane unha das xornadas máis significativas do ano.

De feito, este día adquiriu maior valor para nós a partir da iniciativa que está impulsando a Comisión Internacional do Ovo (IEC) e para a que o Día Mundial do Ovo serve de altavoz.

Trátase da Iniciativa Mundial para os Ovos Sostibles, un movemento que promove o desenvolvemento e maior sostibilidade de toda a cadea de valor do ovo a nivel global a través da colaboración, o intercambio de coñecementos, a ciencia e o liderazgo.

Actualmente a IEC- dentro desta iniciativa-está desenvolvendo uns Estándares Futuros para Granxas que se enmarcarán dentro de cinco piares de sustentabilidade e responsabilidade (medio ambiente, as persoas e a comunidade, saúde e bienestar animal…) moi alineados cos valores fundacionais de Pazo de Vilane, e baixo os que viñemos traballando durante 25 anos.

Celebramos, polo tanto, que cada vez sexamos máis os que impulsamos a sustentabilidade na produción de ovos.

Subscríbete ao noso boletín
Mantente informado de todo o que acontece no Pazo de Vilane e goza das nosas actividades, sorteos, premios...
Información básica 1ª CAPA sobre Protección de Datos: Responsable: Pazo de Vilane | Finalidade: Contestar ás solicitudes de información do interesado, establecemento ou mantemento de Relacións Comerciais e posiblemente para o envío de publicidade. | Lexitimación: Consentimento do interesado e interese lexítimo no desenvolvemento da relación comercial | Destinatarios: Non se cede a información | Dereitos: Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade | Información adicional: Política de privacidade