Día Mundial do Medio Ambiente 2020 en Pazo de Vilane

O Día Mundial do Medio Ambiente é unha xornada establecida o día 5 de xuño pola ONU co fin de difundir entre toda a poboación do planeta os principios e recomendacións básicos para protexer o medio ambiente.

Os orixes deste día remóntanse a principios dos 70, concretamente ao 5 de xuño de 1972, data en que se inaugurou a Conferencia de Estocolmo ou Conferencia Científica das Nacións Unidas, que posteriormente tamén se denominou “Primeira Cumbre para a Terra”.

Naquel entonces os temas medioambientais estaban todavía empezando, pero xa preocupaban a degradación ambiental e a “contaminación transfronteiriza” , é dicir, a polución do aire que se estende sen control, superando fronteiras e sen ter en conta o foco emisor ou de orixe.

Ao final de aquela importante reunión supranacional adoptouse e publicouse unha declaración na que se enunciaban “os principios básicos para a conservación e mellora do medio humano”, así como un plan de acción con “recomendacións para unha acción medioambiental internacional”.

Asimesmo, a ONU estableceu o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente (que desde entón se ven celebrando e promocionando cada ano) e promoveu o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Pasaron os anos e afortunadamente, moitos de aqueles principios influiron na lexislación europea posterior e sentaron as bases do Protocolo de Kyoto de 1997, acordo que xurdiu dunha reunión de líderes mundiais a un “compromiso de reducción de gases de efecto invernadoiro responsables do cambio climático e o quentamento global”.

Estes seis gases son o dióxido de carbono, o gas metano , o óxido nitroso, e outros tres industriais fluorados: os hidrofluorocarburos, os perfluorocarbonos e o hexafluoruro de xofre.

Día mundial do Medio Ambiente 2021: reimaxina, recupera, restaura

Cuarenta e nove anos despois da súa institución, o Día Mundial do Medio Ambiente segue estando de plena actualidade.

¿Adiviñas a qué dedicou Nacións Unidas o Día Mundial do Medio Ambiente 2021?

“Reimaxina. Recupera. Restaura” é o seu lema, e o seu hashtag, #GeneraciónRestauración.

O obxectivo é deixar atrás as lamentacións polo tempo perdido ou os erros do pasado e poñernos ao choio para plantar árbores, encher de verde as cidades ou repoboar os xardíns con especies autóctonas e que consuman pouca auga. Tamén nos propoñen cambiar as nosas dietas e limpiar os ríos e as costas.

Desde a ONU se nos anima a “facer as paces coa natureza, previr a catástrofe climática, deter a contaminación ou refugallos e frear a pérdida da biodiversidade”.

En definitiva, protexer o que queda e reparar o danado, sendo activos e proactivos co medio ambiente.

Ademáis, a partir do 5 de xuño de 2021, Día Mundial do Medio Ambiente, queda inaugurado o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas, en cuxo marco se nos propondrán varios tipos de restauración.

  • Bosques
  • Entornos de auga doce
  • Montañas
  • Océanos e costas
  • Terras agrícolas
  • Turberas
  • Zonas urbanas

En Pazo de Vilane non podemos estar máis dacordo con esta proposta, pois a restauración e conservación do ecosistema que nos rodea, forma parte do noso ADN.

Así, un dos motivos polos que transformamos en 1996 o pazo familiar en granxa avícola sostible foi contribuir ao engradecemento dunha entorna tan especial como o de Antas de Ulla e a Comarca da Ulloa.

De feito, a sustentabilidade e o desenvolvemento rural da nosa comarca é un dos piares fundamentais da RSC de Pazo de Vilane.

Seguindo esta línea, o noso concurso 1 idea, 1 árbore, que este ano alcanzou a súa 8ª edición, está pensado como estímulo para a reutilización ou reimaxinación da nosa caixa de ovos, unha das bases nas que se apoia Nacións Unidas no seu Día Mundial do Medio Ambiente 2021.

O noso concurso de reciclado 1 idea , 1 árbore tamén pretende a conservación ou recuperación dos bosques da nosa contorna máis próxima, xa que por cada idea participante plantamos unha árbore nas leiras do Pazo.

Este ano, con motivo do 25 aniversario da nosa fundación, plantamos dous novos bosques formados por distintas especies que co pasar dos anos (cando crezan e estén ben desenvolvidos) darán acubillo e boa sombra ás nosas galiñas camperas.

Día Mundial do Medio Ambiente 2020

A biodiversidade foi a protagonista do Día Mundial do Medio Ambiente 2020. Baixo o lema #PolaNatureza, o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente centrou os seus obxectivos na recuperación de ecosistemas degradados e na concienciación social sobre a importancia de preservar a variedade biolóxica nas crisis climáticas, económicas e sociais.

Nesta data tan señalada, en Pazo de Vilane tratamos de poñer en valor a biodiversidade de A Ulloa e as prácticas respectuosas co medio que realizamos a diario como parte da nosa filosofía.

¿Qué podemos facer para protexer o medio ambiente e a biodiversidade?

Desde a ONU anímasenos a reinventar a nosa relación coa natureza. Para logralo, o primeiro paso é coñecer cómo afectan as nosas actividades á nosa contorna. Por iso, en Pazo de Vilane puxemos en marcha o proxecto “Pegadas conscientes” co que queremos examinar a nosa sustentabilidade e o noso impacto no medio.

Ademáis, en caso de que teñas curiosidade, tí tamén podes analizar a “Pegada de Carbono da túa familia” para comprobar en qué puntos podes mellorar no teu día a día e inclusive servirte dalgunha das calculadoras do Ministerio para a Transición Ecolóxica para empresas.

Protexer a biodiversidade, obxectivo de 2020

Existen 8 millóns de especies no planeta. Os incendios forestais de Brasil, Australia e California, as especies invasoras, a pérdida de arrecifes de coral e a pandemia do COVID-19 están afectando a todas ellas. De feito, témese pola supervivencia de máis dun millón de especies nas próximas décadas.

Como ben sabemos en Pazo de Vilane, debemos conservar e restaurar a vida silvestre, cambiar a forma en que producimos ou consumimos alimentos e transformar as nosas economías para alcanzar un modelo sostible. O bienestar animal ten que ser prioritario e o coidado do medio ambiente debe sumar un maior protagonismo.

Biodiversidade na Ulloa

O 30% do planeta está cuberto por bosques. España e Galicia destacan pola súa elevada biodiversidade e o seu gran número de ecosistemas e especies autóctonas. De feito, en Pazo de  Vilane temos o privilexio de situarnos en plena comarca da Ulloa . Esta zona caracterízase polo seu frondoso bosque atlántico que serve de refuxio de especies  endémicas galegas.

Iniciativas como Quercus Sonora, creada pola bióloga Sandra Goded e o músico Rudi Esteban que deron lugar ao FestiUlloa e á creación da Rede Galega de Custodia de Territorio , axudan a protexer o bosque autóctono de especies invasoras e garante a diversidade biolóxica.

Basta con achegarse ás Torrentes do Macara   para entender a importancia do lema #PolaNatureza proposto polo PNUMA. En Pazo de Vilane estamos comprometidos coa protección da biodiversidade e queremos celebrar este Día Mundial do Medio Ambiente 2020 con todos vós.  Unámonos para coidar e respectar a nosa contorna.