Día Mundial do Ovo: 10 características dos ovos

En Pazo de Vilane queremos celebrar contigo o Día Mundial do Ovo, unha efeméride que se conmemora en máis de 150 países de todo o mundo con todo tipo de actos que destacan a importancia do ovo na nosa alimentación. 

Ademais da achega nutricional, a súa cor, textura, calidades e, sobre todo, o seu sabor convertérono nun alimento imprescindible na nosa alimentación. Co ovo podemos facer comida rápida e tradicional, sofisticada, básica, gourmet e caseira, sabendo que non nos defraudará grazas á súa sinxeleza e a ser tan accesible.

Un ovo é sempre un alimento saboroso, versátil e san. Pero xa che contamos as propiedades nutricionais que ten o ovo e o bo que é ter unha dieta completa así que hoxe imos contar 10 características que non sabías dos ovos para celebrar este día tan importante: 

1.Aumenta o colesterol “bo”. Aínda que en moitas ocasións escoitouse que o ovo é malo para o colesterol, non é certo. As persoas que comen ovos con regularidade posúen uns niveis máis altos de colesterol HDL (o bo), os cales se asociaron a un menor risco de padecer enfermidades cardiovasculares.

2. A  ovoalbúmina é a proteína principal do ovo, a máis completa que existe. Pero non todas as proteínas están na clara, o 40% está na xema.

3.Consumir ovos de forma regular pode axudar a protexer os teus ollos contra enfermidades asociadas ao envellecemento, como as cataratas. A xema do ovo contén luteína e  zeaxantina, dous antioxidantes presentes na retina do ollo. Ademais de que o ovo é rico en vitamina A.

4.Un ovo de tamaño grande posúe 6 gramos de proteína completa, aminoácidos esenciais que o organismo humano é incapaz de producir. Por esta razón trátase dunha proteína de alto valor biolóxico con moitos beneficios para a saúde. Prevén a perda de músculo e axuda a aumentalo, favorece a perda de peso, mellora a saúde ósea e reduce a tensión.

5. É rico en colina, esencial para desenvolvemento do cerebro. Un ovo contribúe á dieta un 55% das necesidades de colina dun adulto e o 100% dun neno. É necesaria para o desenvolvemento normal do cerebro e o sistema nervioso, sobre todo en mulleres embarazadas para a súa xestación. 

6.O seu elevado contido en proteína axuda a saciar e a que o teu estómago se encha antes. Esta sensación de saciedade mantense ao longo do día, evitando que tomes outras calorías. Tamén axuda a acelerar o metabolismo e a queima de calorías diarias.

7. As cores da casca dos ovos depende da razas da galiña. As galiñas marróns poñen ovos  pardos, e as brancas, ovos brancos.

8. Por que no supermercado non atopamos os ovos refrixerados e nós temos que gardalos no refrixerador? O motivo é que a temperatura dos supermercados é constante, ao contrario que na casa, que o ovo pode estragarse polos continuos cambios de frío a calor. 

9. A orixe dos ovos de Pascua: non sempre foron de chocolate nin de galiña. Dise que na Idade Media os ovos de Pascua que se intercambiaban decoradas con pintura, eran de tartaruga. A día de hoxe, son unha tradición con auténticas obras de arte que se celebra en lugares como Romanía. 

10. Curiosidades sobre o ovo: en 1971 unha galiña dunha granxa en Estados Unidos puxo un ovo que tiña nin máis nin menos que 9 xemas.

Ovos camperos de Pazo de Vilane 

Despois de ler tódolos beneficios e curiosidades do ovo seguro que se che abriu o apetito. Celebra o Día Mundial do ovo cos nosos ovos camperos. Ofrecemos ovos de máxima calidade en achegas nutricionais e sabor. 

O noso produto é o resultado da crianza de galiñas en liberdade e véndese nas principais cadeas de distribución. A calidade dos nosos ovos baséase na atención e coidado que damos ás nosas galiñas. A calidade dos cereais que comen, o ambiente dos galiñeiros e o coidado da contorna onde pastan en liberdade. As galiñas gozan durante todo o ano de pastos frescos e tenros grazas ao clima de Galicia. 

As nosas galiñas incorporan nutrientes que achega ao ovo un valor diferencial: un ovo marrón e uniforme con maior consistencia, aroma intenso e un sabor característico. A súa excelencia non só vén da súa alimentación, tamén é o resultado dunha atención esmerada por cada unha das persoas que formamos parte de Pazo de Vilane.