Descobre as mellores películas con galiñas

As galiñas son animais que, desde que se domesticaron por primeira vez, estiveron moi presentes na vida humana. Para coñecer un pouco máis sobre isto, imos poñernos en antecedentes. Crese que este proceso se produciu por vez primeira na India, lugar no que habitaban varias razas de galiñas salvaxes e desde aí pasou a Exipto e ás civilizacións gregas e romanas. Aquí a España as galiñas domésticas chegaron coa extensión do Imperio Romano e xa quedaron para sempre.

Ao longo dos séculos as galiñas fixéronse cada vez máis presentes nas nosas vidas. Por tanto, a sétima arte non podía deixar de levalas á gran pantalla como fiel reflexo da vida. E todo hai que dicilo, os debuxos animados para os máis pequenos da casa son os que lles deron vida e voz e converteron as súas vidas en auténticas aventuras. Porque as protagonistas da vida en Pazo de Vilane, tamén son grandes actrices.

Películas con galiñas para toda a familia

Ademais de estar presentes en series como Chicken Town ou en programas como Barrio Sésamo coa famosa (aínda que os mozos xa non a recoñezan tanto) Galiña Caponata, son as películas con galiñas as que hoxe nos ocupan. Algunhas das máis famosas son:

Chicken Run

É a máis recoñecida. No seu momento foi un taquillazo que conseguiu divertir non só a pequenos senón tamén aos maiores alá polo ano 2000. Trátase dunha versión de Evasión na granxa feito con stop motion que sucede nunha granxa de Inglaterra. Un grupo de galiñas planea escaparse e vive mil aventuras para cumprir o seu plan. Hai pouco saíu a noticia de que haberá segunda parte, que chegue pronto!

A galiña Turuleca

É a máis recente, estreada en España o 1 de xaneiro de 2020. Preestreouse no Festival de San Sebastián e trátase dunha película española que recupera a historia da canción que todos coñecemos: unha galiña que non pode poñer ovos. A voz de Turuleca pona a cómica Eva  Hache e acompáñaa Juan Mota. Cun circo polo medio, as peripecias e as risas están aseguradas.

Lifi

Co subtítulo de “Unha galiña tocada do á”, esta película coreana estreouse en 2011. Nárranos un conto tradicional no que a galiña Lifi adopta ao pato Perexil como o seu fillo. Pero son moitos os que non ven ben esta relación e terán que loitar xuntos para superalo. Premiada no Festival de Sitges, recupera o espírito dos filmes de outrora cunha preciosa historia.

A galiniña sabia (The Wise Little Hen)

Viaxamos o pasado, concretamente ao ano 1934. Como parte dunha serie de curtas sobre animais, aparece unha das primeiras achegas de Disney ao mundo das pitas. Esta obra está baseada no conto do mesmo nome e ensínanos o traballadora que é a protagonista e os seus pitos. Ademais, destaca por ser a primeira vez na que sae un dos personaxes que se converteron en marca da casa: o pato Donald.

Chicken  Little

Imos cun extra no que as aves de curral son as protagonistas. Nesta peli de Disney temos como protagonista a un pitiño que quere salvar ao seu pobo dos extraterrestres. Pero todo lle sae mal ao pobre e non crerán no que se lles vén encima. Entre outros personaxes,  Abby Patosa, Gallo Buck ou o Alcalde Pavo-roso.

As galiñas secundarias

Aínda que non son as protagonistas, as galiñas están presentes noutras moitas películas destinadas ao público familiar. Por exemplo, no filme “Babe, o  porquiño valente”, nalgunhas das numerosas aventuras que se levaron á pantalla de “A ovella Shaun” ou no clásico de 1954 “Rebelión na Granxa”. Porque co paso dos anos, as galiñas de película foron aumentando a súa presenza na gran pantalla e tamén nos nosos corazóns.

Películas con galiña no seu título

Aínda que non se centren nas súas figuras, hai unha boa ladaíña de películas con galiña nos seus títulos. Temos á coprodución ecuatoriano-arxentina “Mono con galiñas”, á española “Carne de galiña” protagonizada por Karra Elejalde, Anabel Alonso e Nathalie  Seseña ou o clásico arxentino “Cinco galiñas e o ceo”, que se fixo coa Concha de Bronce no Festival de San Sebastián. Non faltan diferentes versións de “A galiña dos ovos de ouro” e tamén atopamos “As galiñas de Cervantes”.

Ocórreseche algunha máis? Seguro que viches algunha outra película na que saísen galiñas. Porque elas forman parte da vida diaria en Pazo de Vilane pero tamén poden ser auténticas estrelas do cinema.