¿Cómo saber se un ovo está malo?

Abres a neveira sen saber qué cociñar e decides facer un prato con ovos. Pero resulta que non lembras cándo os compraches. ¿Dúas semanas, pode que tres?Se te falla a memoria, non te quedes coa dúbida; tira das nosas mellores pistas para saber se un ovo está malo.

O ovo campero é un alimento imprescindible polas súas propiedades nutricionais, excelente sabor e versatilidade na cociña. Unha vez comprado, adóitase conservar fresco, en condicións ideais, ata 28 días despois da súa posta.

Os ovos de Pazo de Vilane chegan aos lineais da túa tenda moi frescos, xa que a nosa producción é sostible e controlada, polo que nunca existen excedentes de producto e se suministra aos poucos días da posta.

Por tanto, dispós de máis de tres semanas compretas para consumilos (verás a data de consumo preferente recomendado na etiqueta, na súa caixa) sempre e cando sigas unhas boas pautas de conservación.

Se aínda así-por distintos motivos- te preguntas se un ovo está en bo estado aplica as nosas pistas e sal de dúbidas:

3 pistas para saber se un ovo está malo antes de rompelo:

1. Como é lóxico, a data de consumo preferente, que ven marcada na caixa, é a túa pista máis eficaz.
É o primeiro paso para saber con seguridade se os teus ovos camperos están en bo estado. Sempre recomendamos conservar os ovos Pazo de Vilane na súa caixa e dentro da neveira, unha vez chegaches da compra, é a mellor forma de garantizarnos unha boa conservación.

Pero, descoida se non convervaches a caixa, todavía tes dúas pistas máis: 

2. Mergulla o ovo na auga. Outro truco infalible e rápido. Bota auga nun vaso, a suficiente para que o ovo poida mergullarse e quede cuberto por compreto. Introdúceo e observa o que ocorre.

  • Se o ovo se funde rápidamente ata o fondo significa que o alimento está fresco, consúmeo sen medo.
  • Se se funde lentamente, todavía está en bo estado, pero hai que comelo rápidamente.
  • Se o ovo non se funde ou flota, non estará fresco.

¿Por qué flota cando está malo e cae o fondo cando está fresco? Porque os poros da cáscara, co paso do tempo, deixan pasar aire ao interior do ovo, formando burbuxas que facilitan a súa flotación. Asimesmo, prodúcese un efecto inverso: sae auga ao exterior. Esto provoca que o alimento se vaia deteriorando e perda peso e volumen.

3. Axita o ovo suavemente cerca do teu oído, para distinguir se soa. Este é un método menos fiable co anterior, porque é máis subxetivo, pero pode axudarte, No caso de que emita algún son “ de choque”, tírao enseguida. Un ovo fresco conserva a súa membrana tirante e tersa, polo que recubre na súa totalidade a cáscara, evitando que haxa aire no interior.Se a xema e a clara poden moverse e chocar coas paredes interiores, é probable que o ovo non sexa fresco. Descártao.

Por certo, trata de mover o ovo delicadamente, unha axitación excesiva podría dañar a estructura interna do ovo.

¿Seguiches as pistas anteriores, pero todavía queres cerciorarte? Casca o ovo campero e segue os nosos seguintes trucos:

4 pistas para saber se un ovo campero está malo unha vez o rompas:

  1. Mal cheiro: Unha pista obvia e definitiva. Se un ovo cheira cando o cascaches sobre un prato ou tixola, tírao ao lixo inmediatamente. Non hai moito máis que engadir.
  1. Unha xema descentrada. Se cascaches o ovo e a xema non queda centrada, senón extrañamente situada no lateral, sospeita da súa frescura.

¿Por qué a xema vai movéndose cara un lado cando o ovo está deteriorándose?Porque o ovo contén ácido carbónico, que se vai perdendo a través dos poros da cáscara a medida que pasan as semanas tras a posta. Esto provoca un aumento do PH e que a xema se descentre.

  1. Un ovo fresco debe ter dúas claras concéntricas, unha máis densa, outra menos

Un ovo fresco, ao cascalo, presenta dúas claras máis ou menos concéntricas- no “de compás”, claro pero sí redondiñas. A máis cercana a xema será a máis densa, a exterior algo menos. Ambas terán aspecto xelatinoso, brillante e limpo.

  1. Desconfía dos ovos no que os límites entre xema e clara non estén ben definidos. A xema debe destacar no centro, e ser consistente, redondeada e con relieve respecto á clara. Se a xema invadiu a clara ou viceversa… ¡No ta xogues!

Polo contrario, o cor da xema (máis ou menos intenso) non é síntoma de que o ovo esté malo, senón da alimentación da galiña.

Igualmente, non desbotes o ovo se ves manchas de tons marróns na cáscara, pois esto depende máis ben de cuestións hormonais (no momento da formación do ovo no oviducto da galiña) que da frescura.

Esperamos que con estas pistas poidas saír de dúbidas respecto a se un ovo está malo ou non. Pero, insistimos en recomendarte que conserves os ovos camperos dentro da caixa da “gallinita de Pazo de Vilane”, sobre unha das bandexas da neveira (e non soltos, na zona da porta)

Deste modo estarás gardando os teus ovos camperos da forma máis segura e hixiénica posible.

Queres que Nuria, a xerente de Pazo de Vilane, resuma en 3 minutos todos os nosos consellos para saber se un ovo é malo? Bota unha ollada a este vídeo.
Icono de Validado por la comunidad