Como dormen as galiñas

Cómo duermen las gallinas Pazo de Vilane

As galiñas campeIras son as que moven cada día a actividade de Pazo de Vilane. Elas son as auténticas protagonistas do día a día nas nosas granxas porque sen as nosas galiniñas en liberdade, non teriamos razón de ser. Como son tan importantes para toda a familia que formamos Pazo, queremos que ti tamén descubras moitos datos sobre estes animais. 

Como xa saberás, cada mes dámosche a coñecer a unha raza diferente de galiña. Tamén che falamos da forma de reprodución das galiñas, de cantos ovos poñen cada día ou de que hai galiniñas que non os poñen. Pero nesta ocasión imos descubrir unha das preguntas máis comúns e que máis incógnitas espertan entre a xente. Hoxe, en Pazo de Vilane, falamos sobre como dormen as galiñas. Espertos todos!

O soño das galiñas

Pero, as galiñas dormen? Si, claro. Non como facemos o humanos pero si dormen. Esta pregunta repetíronnola máis dunha vez. Todos os seres vivos precisan dun tempo de descanso pero a cantidade varía moito dunhas especies a outras. Podemos dicir que os hábitos de soño das galiñas fan que soamente teñan que repousar un certo tempo para recobrar forzas cada día. 

As galiñas de Pazo de Vilane dormen nun sitio a certa altura

A forma de durmir das galiñas é moi peculiar. Para comezar, non dormen sobre o chan. Ao contrario do que sucede coa maioría de animais que foron domesticados polos humanos e que cambiaron os seus hábitos, as galiñas conservan o seu instinto salvaxe de durmir nun lugar elevado para evitar a posibles depredadores. O habitual é que descansen en paus ou  perchas que se colgan das paredes dos galiñeiros. Se durmisen ao aire libre, sen dúbida, subiríanse a unha rama. Hai excepcións xa que cando a galiña está choca pode quedar durmida sobre os ovos.

As galiñas dormen nun sitio a certa altura para poder descansar tranquilamente. Así, evitan as preocupacións de que as poidan atacar pero tamén se illan da zona de movemento das súas compañeiras de galiñeiro. É como cando os humanos imos durmir a outra habitación porque alguén nos está molestando cos seus ronquidos ou porque descansa nun horario diferente.

Perchas para durmir

Como che contamos, ás galiñas gústalles durmir sobre paus que estean a certa altura. Tamén son coñecidos co nome de  perchas. O habitual é colocalos en lugares un pouco elevados entre as paredes dos galiñeiros. A altura non pode ser demasiada xa que o ideal é que as galiñas cheguen cun dos seus voos. Hai lugares nos que se poñen unhas ramplas para que as aves poidan acceder de forma máis fácil.  

En canto á súa forma de descansar, fano tamén dunha maneira peculiar. As galiñas dormen case de pé. E dicimos case porque realmente flexionan as súas patas e escóndenas un pouco debaixo da plumaxe do corpo. Coas garras agárranse ben ás perchas e distribúen o peso para conseguir un perfecto equilibrio. A cabeza mantéñena ergueita. Así de  espabiladas son nosas queridas galiñas! 

Os horarios de soño das galiñas varían pero o habitual é que entren nos seus galiñeiros e se poñan a descansar co atardecer. A posta de sol é o momento que máis lles gusta para durmir ás nosas amigas. De aí vén unha expresión moi típica “irse a durmir coas galiñas” cando alguén se deita moi cedo. En Pazo de Vilane encántanos ver os momentos de tranquilidade das nosas galiñas en liberdade despois de pasar o día ao aire libre. Grazas a estes momentos de descanso, ao clima de Galicia e a todos os coidados que lles damos, conseguimos que os ovos  camperos de Pazo sexan de tan alta calidade.